Hábitos saudables como comer equilibradamente, manter un adecuado nivel de hidratación, procurarse un descanso reparador, realizar exercicio físico regular e adaptado ás capacidades e necesidades persoais, establecer relacións interpersoais sás, identificar e tratar coas nosas Emocións,… son as bases da concepción de Saúde Integral do Centro METYS. Fieis a esta filosofía, comprácenos presentarvos a BioAgarimos: a tenda do Centro METYS especializada no sector da verdadeira Cosmética Natural.

Prestamos especial atención ao impacto na nosa Saúde dun hábito tan natural como sinxelo, aínda que moitas das veces prexudicial e moi perigoso: a hixiene e o coidado persoal.

Ao longo da historia da humanidade, a limpeza e o embelecemento do corpo reflicte a calidade e a conciencia colectiva respecto da relación íntimo-social e a importancia da apariencia física. Na sociedade actual, na que a figuración e a frivolidade son obxecto constante de publicidade e ensalzamento, un aspecto tan básico como o hábito diario da hixiene trátase superficialmente por unha industria e poderes públicos dominados polo afán de enriquecemento veloz e pasivo.

Cada vez hai máis voces críticas respecto das fraudulentas prácticas da industria alimentaria, discrepancias e malestar que se están a extender a outros ámbitos do consumo como o que directamente trataremos neste novo apartado informativo: os produtos de hixiene e cosmética.

Lenta pero afortunadamente, o consumidor, como persoa independente e con criterio propio, está a desenrrolar unha conciencia activa no que respecta á seguridade e salubridade do ambiente no que vive, a calidade dos materiais que compoñen o seu entorno máis cercano e  a nivel planetario,… e unhas condicións mínimas respecto de todo aquelo que entra en contacto directo coa súa esfera máis persoal: o seu propio corpo.

Convidámosvos  a coñecer as novas instalacións do Centro METYS e BioAgarimos e así coñecernos personalmente, informarvos sobre os nosos servizos e produtos de Saúde Integral e Cosmética Natural, así como a achegarnos as vosas dúbidas e inquedanzas que gustosamente atenderemos.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
Concepción Rozas -Psicóloga clínica-