Crear é inventar posibilidades, un exercicio de liberdade que só o cerebro humano pode desenvolver porque está determinado polos proxectos e metas que se crea.

É creativa a persoa que ve a partir dun conxunto de estímulos o que antes non vira ou o que ninguén vira antes. É creativo o proceso que leva a construir unha nova teoría, a producir unha obra plástica inédita, a desenvolver un novo produto, etc.. É creativo o producto ou idea que é novedoso, orixinal, útil, que se adecua a un problema dado, etc..

E é creativo tamén o proceso de percibir todo esto porque a falta de creatividade é máis un problema de quenes teñen que apreciala que de quenes a manifestan en aportacións concretas.

En todos os campos da intelixencia humana hai creatividade. Na moda, nas campañas publicitarias, nos inventos, na cociña de autor, na literatura, a pintura, a escultura, música, teatro, etc.. Pode resultar difícil poñernos de acordo en que podemos concretar e que persoas merecen ser tildadas de creativas. O paso do tempo pode axudarnos a xulgalo. En calquer caso, os cambios sucédense constantemente, estamos rodeados de creatividade.

Denominamos creativo ao individuo que puido ver nunha pedra un filo cortante, e consideramos creativos a Miguel Ángel, Da Vinci, Mozart, Picasso e Marie Curie. Todos fixeron contribucións fundamentais á humanidade polo que merecen ser estudados e lembrados.

Todos temos un gran potencial creativo. O noso cerebro descubre, inventa, asocia, cambia o entorno para ben ou para mal.

Ser creativos require un esforzo. Non se producen ideas creativas da nada, xorden de persoas que desenvolveron as súas posibilidades, con coñecementos relevantes. Hai que estar preparados, entrenados e dispostos para que o excepcional ocurra. Como afirmóu Picasso “a inspiración ten que collerte traballando”.

En moitas ocasións uníuse creatividade e patoloxía. Riscouse de tolos a quenes non se entendía. Son moitas máis as persoas consideradas creativas que gozaron de boa saúde física e mental. A capacidade para descubrir o que un pode facer ben e disfrutar facéndoo é unha característica das persoas creativas.

As persoas creativas teñen algunhas características comúns: certa tendencia ao risco e inconformismo, gusto pola soidade e por establecer regras novas, independencia de xuízo e tolerancia á ambigüidade.

Adoitan ser traballadoras e moi constantes. Empéñanse en dominar o seu ámbito de especialización e así teñen habilidades relevantes en dominios de actuación concretos.

A intelixencia é un compoñente necesario para adquirir coñecementos e habilidades pero non é suficiente para ser creativos.

Outro factor fundamental sería a motivación. Manter actitudes positivas cara á tarefa e razóns suficientes para emprendela en condicións determinadas. A motivación intrínseca fará máis probable os resultados creativos mentras que a extrínseca diminuiraos.

As persoas creativas prefiren problemas abertos e abstractos, posúen flexibilidade para adoptar distintos puntos de vista e explorar alternativas, manteñen as opcións de resposta e categorías abertas, lembran con precisión ou sáense dos guións establecidos de acción.

Parece que canto máis acomodada está unha persoa, un grupo, unha sociedade, menos razóns ten para buscar un cambio e menos creatividade é de esperar que manifeste.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-