Do inglés elevation, experiméntase como un forte sentimento de afecto. Xorde cando presenciamos actos que reflicten o mellor do ser humano e provoca en nós un desexo de ser mellores persoas.

Psicología Positiva Inteligencia EmocionalÉ o que se experimenta cando nos informativos contan como no caso do accidente de tren en Santiago de Compostela  do pasado 24 de Xullo, os veciños axudaron aos feridos,  presentáronse voluntarios en todos os campos sanitarios e as doazóns de sangue foron masivas.

Experimentar esta emoción fai que queiramos cooperar e axudar a outras persoas. Se se pasa á acción e se axuda a outros sentirémonos orgullosos e satisfeitos das nosas actuacións. As persoas axudadas experimentarán gratitude e os que observan poden experimentar elevación e querer axudar.

Estudos da Universidade de Virxinia (Haidt e colab.) atoparon que aínda que as persoas decían que querían levar a cabo boas accións, non sempre o facían. Por que sentíndose así non amosaban condutas altruistas? O amor parecía ter algo que ver… e o nervio Vago tamén (sistema parasimpático).

O nervio Vago controla o ritmo cardíaco e calma á persoa. Este nervio traballa en sincronía coa oxitocina que é a hormona do vínculo. Crea en nós sentimentos de amor, confianza e receptividade, pero nunha situación de relaxación. Vínculanos cos do noso grupo, non con estranos. Así, se podería segregar oxitocina durante a Elevación, pero non necesariamente por iso as persoas axudan a estranos.

En calquer caso, e en espera de máis investigacións, a Elevación entra dentro das emocións positivas que melloran a nosa Calidade de Vida e a dos que nos rodean. A xente responde a actos de beleza moral, reaccións emocionais que implican sentimentos cálidos e agradables no peito e desexos de axudar a outros. Poderíase así, mellorar a Calidade de Vida dos individuos, os grupos e as organizacións.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-