Nos tempos que estamos a vivir, a persecución da felicidade parece ser o obxectivo a alcanzar. Na Declaración de Independencia estadounidense recoñécese como un dereito inalienable. Cando menos, resulta curioso que Thomas Jefferson, ao falar sobre a vida e a libertade, sitúa a palabra “buscar” antes de felicidade. Pode ser unha “cuestión de ter entretido ao persoal?” Como sucede en infinidade de películas, non se trata tanto do fin buscado como de “pasar o tempo” no proceso.

Esta corriente chegou ao noso país en forma de cursos, conferencias, masters,… Pero fagamos un exercicio de crítica racional para non deixarnos arrastrar por magos que poden “conquistar a súa felicidade” cos nosos cartos.

Riqueza a costa de terceiros

A felicidade non é un termo que diga algo por si mesmo, é un concepto baleiro. Aristóteles dicía que a felicidade é para uns o pracer, para outros a riqueza e a dignidade e para outros calquera cousa. Incluso unha persoa pode ter opinións diferentes: crer que a felicidade é ter saúde se estás enfermo, riqueza si es pobre ou, como actualmente moito se di, ter traballo se estás no paro.

 

Pola súa banda, Nietzsche afirmou que “o ser humano non aspira á felicidade, só o inglés fai iso”… e quizais os estadounidenses sexan os que máis o fan…

Aprender a ser feliz, como pretenden estos “novos chamáns” do noso tempo, pode facilmente producir os efectos contrarios como a decepción, sentimentos de soidade e a depresión.

Desfrutando o momento

Diversos estudios mostran que as persoas que máis valoran a felicidade, máis probablemente senten menos benestar, menos satisfacción coa vida e máis depresión. Os que máis agardan pasalo ben en Noite Vella, máis decepcionados están nos seguintes días. É o que ocorre se cada noite saes a “ser feliz”, en lugar de pasalo ben, sen máis pretensións.

A valoración da felicidade, insisto, non está asociada a máis felicidade, senón a menor benestar e satisfacción… e a máis depresión.

Como di a xornalista británica afincada en EEUU, Ruth Whippman “o xeito americano de buscar a felicidade é agobiante: son feliz? suficientemente feliz? tan feliz como os demais? podería estar a facer algo máis para ser todavía máis feliz? A meta é tan elusiva e difícil de definir que é imposible saber cando acadaches o teu billete para a neurose.”

Logo entón, que está a ocorrer para que “triunfen” e sexan subvencionados por organizacións varias, concellos e demais institucións públicas cursos para ser feliz? Para explicalo, imos recorrer ao “efecto Quesalid”.

Quesalid era un chamán “involuntario” que vivíu a principios do século XX en Vancouver. Comezou a interesarse polo chamanismo sendo escéptico de que funcionara. Aprendeu as “técnicas” e a xente non deixaba de buscar a súa axuda”. Así, foi o gran chamán da tribu e, como xa se debía ao seu éxito, entón tivo que defender a súa “ciencia”.

Todos aqueles que nos venden cursos e demais formación sobre a felicidade fana funcionar como o Mac Guffin de Hitchcock nas súas películas, pero como di Whippnan, “este elusivo Mac Guffin está a crear unha nación de nervios destrozados”.

“Sinxelamente”… Happy!!

Mellor obxectivo que a felicidade ben podería ser unha vida significativa, con sentido e valiosa. Mentras que a felicidade sería unha experiencia do presente, situada na satisfacción e comodidade subxectivas, a vida significativa pode incluír dificultades, insatisfaccións, incomodidades e a realización de actividades non sempre prancenteiras. Implica a integración do pasado, presente e futuro, asumir a propia vida e proxectala máis aló do momento, sen importar o doado ou dificultoso que resulte. En resumidas contas: APRENDER A VIVIR.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-