En inglés flow, a fluidez experiméntase en momentos nos que as persoas están totalmente implicadas na actividade que levan a cabo e semella que nada máis parece tan importante. Sinten que controlan o que fan, unha profunda satisfacción que vai máis alá da diversión.

Fluidez, Psicología positiva, Inteligencia EmocionalProdúcese cando as habilidades da persoa están en equilibrio cos retos e desafíos que a actividade lle plantexa. A atención concéntrase nunha meta realista. A persoa pode decir: “co que estaba facendo, o tempo pasóuseme voando”.

Hai moitas actividades que poden producir fluidez: pintar, correr, tocar música, bailar, escribir,…

Descúbrense expresións de fluidez en ciruxanos, científicos, artistas, nais coidando ós seus fillos,… Algunhas persoas logran transformar tareas rutinarias ou traballos aburridos en experiencias das que obteñen algún grao de satisfacción.

Cando se experimenta a fluidez, a motivación e o sentimento de autorrealización aumentan. Nos grupos as relacións son máis satisfactorias e o rendemento é maior.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-