Baixan as temperaturas, altérnanse días fríos con máis fríos, húmidos, adversidade climatolóxica constante,… o noso corpo precisa no Inverno un aporte nutricional sumamente equilibrado en canto a vitaminas, minerais… e calorías.

Enerxía vexetal contra o frío

Durante os meses máis escuros de días curtos, o corpo pide manter un equilibrio térmico que a boa e axeitada alimentación axuda a procurarnos.

Aquí tedes a miña selección de básicos invernais que templan e cubren as nosas necesidades nutricionais permitíndonos afrontar o tiovivo interior-exterior con Saúde (tede en conta que no Inverno seguen en tempada a inmensa maioría dos Verdes de Outono polo que a variedade… multiplícase!!).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-