MEDITAR é tomar e desfrutar dun tempo para estar contigo mesm@, establecer contacto coa túa Respiración, atender á túa Enerxía Vital presente no teu corpo e así restablecer o teu propio ritmo. É un momento para Comunicarte co teu Ser interior, Namorarte da túa singular Vida.

A Meditación diaria despexa a Mente e o Subconsciente, axuda a permanecer no AQUÍ e no AGORA. É unha técnica moi efectiva para lograr controlar as tensións da vida diaria e á vez mellorar o funcionamento do noso organismo.

Entre os numerosos beneficios desta práctica atopamos:

- Desenvolvemento do Lóbulo frontal (a parte do Encéfalo que  “controla a personalidade”: relaciónase co control dos impulsos, a socialización,  a espontaneidade,… a memoria funcional,…). A Meditación estimula a actividade no Lóbulo frontal aumentando o número de conexións cerebrais relacionadas co estado de ánimo.

- Axilidade mental: desenvolvemento da Intuición. Usamos a nosa Mente para tomar decisións que poden ser máis ou menos acertadas e unha Mente áxil tende a tomar as máis acertadas. Na Era de Acuario, démoslle máis protagonismo a nosa Intuición.

- Rompe con hábitos, escollos, medos,… desenvolve a relación intuitiva co “Estar Consciente”. A Meditación proporciona ferramentas para vivir Libre de medos.

Ao longo da nosa Vida tomamos algunhas decisións radicais motivadas por Emocións mal canalizadas, reprimidas,… que nos adoitan levar a situacións non desexables. Se as Emocións conectan entre a Mente e o Corazón… a Vida pode mellorar e ser mellor en motios sentidos.

Ao ser máis conscientes, enfocamos mellor a nosa Enerxía podéndonos centrar máis nos nosos obxectivos e así acadalos. O desenvolvemento da Claridade mental propicia o afrontamento dos nosos conflitos e as vicisitudes da vida diaria nun espazo de neutralidade, favorecendo a súa resolución dunha maneira máis eficaz.

Nieves Sánchez -Instrutora de Ioga Kundalini-