Do inglés resilience, definíuse como a capacidade dunha persoa ou grupo para resistir acontecementos desestabilizadores, traumas graves e refacerse dos mesmos. O descarrilamento do tren en Santiago de Compostela do pasado 24 de Xullo é un destes sucesos traumáticos que pon e porá de manifesto a resiliencia coa que os distintos individuos afrontarán o seu proceso vital.

É un proceso que varía según as circunstancias, a natureza do trauma, o contexto e as etapas da vida.

Parece haber características da personalidade e do entorno que favorecerían as respostas resilientes, como a seguridade nun mesmo e na propia capacidade de afrontamento, o apoio social (a solidariedade do pobo galego, neste caso), ter un propósito significativo na vida, crer que un pode influír no que sucede ao seu arredor e crer que se pode aprender das experiencias positivas e tamén das negativas.

Os individuos que logran facer frente a un suceso traumático síntense capaces de enfrentarse a adversidades no futuro.

En presos políticos e torturados as convicións políticas e ideolóxicas son o principal factor positivo de resistencia.

Nas relacións interpersoais, moitas persoas ven fortalecidas as suas relacións con outras a raíz da vivencia dunha experiencia traumática. Así, é común oir “agora sei quenes son os meus verdadeiros amigos”.

En relación á forma de ver o mundo, cando un individuo pasa por unha experiencia traumática, tal e como vemos nos superviventes do accidente, cambia a súa escala de valores e empeza a apreciar o valor de cousas que antes obviaba ou daba por supostas.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-