Aumentar a produtividade e reducir a fatiga con gusto e “sen esforzo”? A siesta é unha desas actividades que aúna ambas características e revirte numerosos beneficios para a nosa Saúde e o noso entorno (un corpo e mente descansado facilitan o exercicio da amabilidade e nos predispoñen a ser máis sociables e empáticos).

Ao igual que é beneficioso levantarse e estirarse periodicamente, flexionar e flexibilizar as articulacións, desviar a mirada ao lonxe para relaxar os ollos, … realizar esta terapéutica parada que é a siesta a media xornada permite recuperar e reorganizar o noso fondo enerxético para continuar saudablemente coa xornada.

Unha siesta é o equivalente a parar o coche, falamos de non máis de 30 minutos… superada esta cifra chámaselle durmir = aparcar o coche.

Bó descanso = Enerxía a tope

Beneficia a maiores e pequenos, en especial á nosa coordinación psicomotora, memoria, capacidade de concentración e relación de temas; percepción e asimilación de novos contidos,…

Convén realizar esta actividade de recuperación interna informal nun ambiente tranquilo, iluminación difuminada, boa ventilación e respetando certa hixiene postural para evitar erguerse con “cabalos, tiróns e demáis familia”.

Igual atención prestaráselle ao momento de espertar e inmediatamente sucesivos dado que esos minutos determinan a rendabilidade da inversión realizada en descansar (suxírovos evitar alarmas “para espabilarme” e sinais lumínicas directas).

Como podedes ver, mínimas pautas-grandes beneficios.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-