Biomecanicamente, o deseño do corpo responde máis ao movimento que á estaticidade. O conxunto de palancas, bisagras, amortiguadores, elementos de sostén,… proporcionan estabilidade e mobilidade máis que suficientes para ter unha Vida Activa e Saudable.

Máis aló das tendencias por moda ou por estación, por “bós propósitos” (a estrela de turno apunta os beneficios de tal ou cual tipo de “exercicios-milagre”, equis empresa deseña unhas máquinas que “che suben as nádegas á caluga”,… adelgazar para o verán, para unha boda, porque quero certa prenda e “teño que entrar como sexa”,…), a actividade e o exercicio físico estimulan as funcións do noso organismo, regulan excesos, minimizan carencias… e proporcionan un caudal enerxético motivador tanto ou máis que si tocara a lotería (o aquí e o agora fronte á ilusión recurrente).

Ejercicio físico, Acondicionamiento físico dirigido en el Centro METYS

A actividade física que todos realizamos a diario case sen decatarnos (facer a cama, lavar os pratos, mover mobles, camiñar ao traballo,…) mantén certos parámetros mínimos de mobilidade, mentres que o exercicio físico é a actividade física adaptada ás posibilidades individuais, planificada en contidos e tempos, e realizada con constancia.

Ambas proporcionan numerosos beneficios para a nosa Saúde, pero a realización de exercicio físico potencia os seus efectos no noso organismo dos que destacamos:

1- Aumento da capacidade pulmonar dado que a musculatura torácica acada maior elasticidade que estimula os movimentos respiratorios, así como libera espazo para un movimento máis amplo e natural.

2- Mellora do rego sanguíneo que aumenta a nutrición e osixenación internas, así como tonifica a nosa pel e estabiliza a temperatura corporal. Progresivamente, tamén acadamos unha considerable “eficiencia enerxética cardíaca” dado que o corazón latexa a menor frecuencia (calma para el, calma para ti).

3- Sistema nervioso: o exercicio físico proporciona tonicidade ao Sistema nervioso parasimpático, o encargado de aportar serenidade (mellor calidade dos momentos de repouso, maior control fronte a situacións estresantes).

4- Prevención de danos estruturais: a musculatura forte aporta protección adicional as nosas costas e ás diferentes articulacións do noso corpo. Unha musculatura ben formada mellora a nosa postura corporal e facilita a harmónica mobilidade que prevén de molestias e lesións.

5- Ralentización da perda de masa ósea: a práctica de exercicio físico continuado axuda a nutrir todos os tecidos corporais (o óseo tamén é un tipo de tecido), estabiliza a postura, incrementa o noso equilibrio, flexibilidade e resistencia.

6- Contrarresta a perda de masa muscular que se produce progresivamente a partir dos 30 anos. Un corpo acondicionado pouco ten que ver coa idade, por iso vemos a persoas “maiores” en mellores condicións que moita “xuventude”.

7- O exercicio físico pautado mellora a sensibilidade fronte á insulina previndo a aparición da diabete e axudando a estabilizar e reducir a existente.

8- Autoestima e estado de ánimo: o exercicio físico é unha potente ferramenta de percepción corporal, a toma de conciencia da nosa estrutura, o seu manexo, as súas posibilidades,… e a súa agradecida resposta pola atención que lle prestamos.Tras unha sesión de exercicio físico, o noso corpo acada un nivel de osixenación e relaxación que favorece a concentración e reduce os niveis de ansiedade aportándonos enerxía extra para afrontar a vida diaria e as súas tensións.

Ejercicio físico y tonificación, Acondicionamiento físico dirigido en el Centro METYSInvitámosvos a que nos acheguedes as vosas consultas e vos informedes sobre os nosos plans personalizados de acondicionamento físico no Centro METYS.

Coida a túa Saúde, incrementa a túa Calidade de Vida.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-