-ANO 2012-

Durante o mes de Marzo  levamos a cabo no centro da Escola Europea Parasanitaria en Santiago de Compostela (centro ESPS), o seguinte obradoiro:

“Comunicación nas relacións interpersoais. Abordaxe holística da astenia primaveral.”

Durante os meses de Outubro e Novembro, METYS impartiu o curso “Comunicación no ámbito da empresa” na asesoría compostelana Integral de Economía.

En Decembro, a petición do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo, realizamos unhas xornadas-obradoiro informativas sobre a Depresión e o Duelo.

Para rematar o ano, o Centro METYS abriu o novo servizo de Cosmética e Hixiene Natural: BioAgarimos celebrando dúas sesións informativas de portas abertas (Sábado 1 e Sábado 15 de Decembro).