-ANO 2013-

Durante os meses de Xaneiro a Maio, o persoal do Centro METYS impartíu no Concello de Trazo -A Coruña- o obradoiro “Envellecemento activo”. Ao longo das diferentes xornadas abordamos holisticamente a Esencia de envellecer con Calidade como unha importante etapa nas nosas Vidas.

Dentro do programa de actividades solidarias iniciativa da Escola Europea Parasanitaria (ESPS), o Centro METYS impartimos a conferencia solidaria “A Maquillaxe Emocional e os Trastornos Psicosomáticos“.

Co gallo da celebración do 8 de Marzo, impartimos a conferencia “Abordaxe holística da Fibromialxia” en colaboración co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo -A Coruña-.

Dentro da programación elaborada para o primeiro aniversario do Centro METYS na rúa Alfredo Brañas, durante os meses de Abril e Maio tiveron lugar no propio Centro as xornadas “Coñece e manexa as túas Emocións”.

Durante o mes de Novembro, o Centro METYS estará na asesoría compostelá Integral de Economía impartindo o curso “Intelixencia Emocional aplicada na empresa: Motivación e Negociación“.