Xunto coas cenorias, os albaricoques son dos alimentos que máis provitamina A conteñen: tres pezas medianas aportan case o 50% das nosas necesidades diarias.

Son froitas orixinarias do Lonxano Oriente e omnipresentes en zonas montañosas de Pakistán. O efecto das antigas rutas comerciais fan que agora sexan tamén froitas “marca mediterránea” que destacan polas súas variadas propiedades:

Albaricoques Apricots  1.- Tonifican o Sistema nervioso grazas ao seu contido en vitaminas do grupo B en combinación cos oligoelementos (inxesta moi recomendable en casos de apatía, nerviosismo, insomnio leve).

2.- Tamén o contido sinérxico de vitamina C, Ferro ou Calcio fainas indicadas na abordaxe da anemia ferropénica.

3.- Antioxidantes como as vitaminas A e C axudan a protexer o corazón dos efectos nocivos dos radicais libres, fortalecen pel, mucosas, ollos,…

4.- Axudan a reducir o risgo de desenrolar cataratas e dexeneración macular (factor causante dunha alta porcentaxe da perda de vista).

5.- A infusión realizada coas súas follas ten propiedades diuréticas (apoio na abordaxe da edematose e infeccións do tracto urinario). En combinación coa cola de cabalo potencia a súa acción.

6.- O aceite puro de albaricoque ten propiedades emolientes, rexeneradoras e hidratantes (aplicación en peles agrietadas, desvitalizadas, con icitiose, dermatite).

O formato en seco do albaricoque, os orellóns, son unha moi interesante e nutritiva fonte de enerxía saudable: aportan incluso máis minerais e vitaminas que os albaricoques frescos (o proceso de secado non altera o contido en betacarotenos.) Tamén hai que sinalar que os orellóns que comunmente presentan un aspecto moi brillante e pegañento, xeralmente é polo tratamento que levan a base de Dióxido de Azufre (E220), susceptibles así de provocar reaccións alérxicas.

Alternativa: orellóns ecolóxicos, amarronados en lugar de alaranxados e de sabor moito máis intenso… e sá!!

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-