As algas, esas prantas acuáticas que a algúns lles resultan tan molestas e grimosas cando nos tomamos un baño de mar, son auténticos diamantes de oligoelementos, ácidos graxos e antioxidantes.

Moi populares en Xapón e nos países nórdicos, pouco a pouco están a facerse cun espazo propio nas nosas despensas. Para coñecelas un chisquiño máis, as súas propiedades e utilidade, aquí tedes un resumo que, de seguro, faravos valoralas como “fondo de despensa”:

Altamente antioxidantes: conteñen tanto fibra soluble como insoluble, así como carotenoides, polifenoles e vitamina C. Axudan a regular o tránsito intestinal, gozar dunha flora intestinal sá, reducir a inflamación interna e frear os efectos do estrés oxidativo.

Efecto quelante: os polisacáridos que conteñen (parte da súa fibra soluble) teñen a capacidade de “atrapar” toxinas como os metais pesados, e conducilas cara ao intestino para a súa posterior expulsión evitando o seu paso ao torrente sanguíneo e acumulación en tecidos como o fígado ou o cerebro.

Acción cicatrizante: a fucoidina que conteñen (fibra soluble), sobre todo as algas marróns, promove a renovación dos tecidos feridos tanto por cirurxía como por traumatismos. Ademais, a fucoidina potencia a acción antitumoral das células “Natural Killers” do noso Sistema inmunitario; acción antiviral e antibacteriana.

Apoio enzimático: a clorofila que conteñen axuda a activar enzimas responsbles da asimilación de nutrientes, axuda a depurar o sangue e incrementar a formación de hemoglobina. Consecuencia disto é un aumento na eficiencia do Sistema nervioso e a nosa musculatura.

“Anti-sobrepeso”: as algas vermellas conteñen moita fucoxantina, un tipo de carotenoide que estimula á proteína UCP1 responsable da metalobización da graxa a nivel abdominal (das que máis risgos conleva).

Regulación triglicéridos-colesterol: as algas son ricas en Omega3, ácido graxo precursos do DHA que axuda a diminuír o LDL e coida da nosa saúde cardiovascular.

Sistema endocrino: o iodo é un mineral indispensable para o crecemento e a función reprodutora. Todas as algas conteñen elevadas cantidades deste mineral cuxa deficiencia algúns científicos relacionan co desenrrolo de cancro de mama e quistes ováricos.

Por outra banda, algas como a Fucus vesiculosus conteñen proteínas iodadas a partir das cales o noso organismo sintetiza as hormonas tiroideas T3 e T4.

Eficaces contra o estrinximento, reguladoras do colesterol, altamente protéicas,… as algas son unha das miñas maiores recomendacións dentro dunha Alimentación Consciente que nutra a nosa Calidade de Vida.

Sobre a Espirulina

Sobre a Chlorella

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-