A estas alturas ninguén terá dúbidas de que un cerebro malnutrido é un cerebro disfuncional, non sí? Pero, como nutrimos ao noso cerebro? Con graxa? Con azucre?

O cerebro é o órgano máis graxo de todo o corpo (máis dun 60% da súa estrutura son lípidos -as graxas-), pero, ao igual que o resto do organismo, precisa un aporte de calidade e equilibrado de todos os tipos de nutrientes, así que… vamos a nutrilo.

Os ácidos graxos tipo Omega-3 (presentes no liño, as noces, a soia, peixes azuis,…) son os directamente responsables de que as membranas celulares mantéñanse flexibles e as sinapsis neuronais operativas (a súa comunicación). Lembrade que os Omega-3 de orixe animal conteñen os tres ácidos graxos, e os de orixe vexetal só dous (cuestión esta que non diminúe a súa calidade, senón a conveniencia de combinalo ben).

Respecto dos ácidos graxos Omega-6 (presentes no aceite de xirasol, ovos, froitos secos,…) a súa inxesta ten que ser equilibrada respecto dos Omega-3 dado que a súa metabolización libera radicais libres que inciden no enranciamento das arterias e neuronas (Ollo, os Omegas manufacturados e sometidos a altas temperaturas convírtense en graxas saturadas!!)

CerebroNutricionPero non só de “graxas” vive o cerebro, tamén precisa un bó aporte de proteínas que podemos obter de infinidade de alimentos (familia das coles, legumes, froitos secos, sementes,…). Da metabolización das proteínas obtemos os aminoácidos necesarios para a sintetización de neurotransmisores: quen non oíu a estas altura que o triptófano é necesario para a sintetización da serotonina, a “hormona do benestar”?. Ou da Fenilanina, precursora de substancias como a tirosina ou a dopamina cuxa liberación inflúe na nosa capacidade de concentración?

Vamos agora cos hidratos de carbono que, por figurar aquí en terceiro lugar, non son menos importantes (o cerebro soíño pode chegar a consumir 1/3 da inxesta diaria). Un aporte deficiente inflúe na nosa memoria (o neurotransmisor acetilcolina, ,directo responsable da función de aprendizaxe, non se libera senón hai un bó subministro de hidratos), así como que os hidratos de absorción rápida propician o deterioro do Sistema nervioso (alimentos que non nutren, máis ben nos desnutren).

Optar por hidratos de carbono de absorción lenta mantén un nivel constante de glicosa en sangue e non forza ao páncreas con continuas demandas de insulina (diversos estudos asocian o aumento de insulina circulante con trastornos da aprendizaxe, memoria e a manifestación de afeccións neurodexenerativas).

Ao equilibrio no aporte destes tres tipos de nutrientes hai que sumarlle a presencia de antioxidantes na nosa alimentación para compensar a xeración de radicais libres (tanto por obra do noso metabolismo, como pola acción de axentes externos tipo calidade do aire, radiación, presenza de pesticidas, hidrocarburos,…).

Ano arriba, ano abaixo, ata case chegando aos 30 anos, o noso corpo sintetiza bastante ben substancias antioxidantes como a coenzima Q10 ou o glutatión, peeeero pasados os 30, a cantidade sintetizada descende progresivamente polo que cumpre aumentar o aporte de antioxidantes (sin pasarse). Alimentos como as legumes, os froitos secos as sementes, os pementos, os vexetais alaranxados-amarelos-vermellos son imprescindibles en calquera despensa, mesa e organismo sá.

Antes de botarnos nos brazos de “curas-exprés”, “alimentos-miragre”, “remedios de cinco días”, “operacións antiox” e lindeces varias, acudamos ao asesoramento ético e holístico dos diversos profesionais da saúde.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-