“Que o teu Alimento sexa a túa Mediciña, e que a túa Mediciña sexa o teu Alimento.”, unha das frases máis representativas da visión naturopática da Saúde: a Alimentación Consciente, o equilibrio nutricional como camiño de Saúde e Benestar.

Comer “por costume”, “porque sí”, “porque é así”, “porque para dous días que vivimos”, “porque unha vez ao ano non fai dano”, “porque vai na nosa cultura”,… razonamentos que nos levan a inxerir cantidades inadecuadas de comida cunha calidade nutricional máis que cuestionable. Esta mala combinación é unha das grandes responsables da maioría das patoloxías que, tarde ou temprano, o noso corpo amosaranos.

A sintomatoloxía dos desequilibrios que nós mesmos creamos, atallámola con dietas milagre-medicamentos-produtos exprés, impedíndolle ao noso corpo que realmente se manifeste, nos comunique o que acontece para abordalo holística e integralmente.

Imaxe AliConsct Set15A Alimentación Consciente contempla alimentos variados, eficientes (en cantidade e calidade dos seus nutrientes) e axeitados ás nosas características e circunstancias vitais (idade, sexo, actividade física e mental,…).

Cuestións como a elección de produtos de tempada, no seu momento nutricionalmente álxido, procedentes de cultivos limpos e sostibles e minimamente manipulados contribúe a que o noso organismo non malgaste enerxía o seu procesamento e limpeza de toxinas, enfocándose máis na asimilación de nutrientes. (Comer, Alimentarse, Nutrirse)

Na elaboración, prioricemos a elaboración crúa, vapor, salteada e á prancha minimizando a inxesta de substancias tóxicas e a perda de nutrientes. (Degradación entre fogóns).

Unha boa hixiene nutricional eleva o teu nivel enerxético, mellora a túa memoria, autoestima, o teu humor,… Sexamos conscientes e alimentémonos con xeito.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-