O Aloe Vera (Aloe barbadensis Miller) tamén coñecida como Sábila, é unha pranta perenne que pertence á familia das liliáceas. Bastante resistente e que non precisa coidados especiais, ter unha (ou varias) na casa é unha boa inversión (asegurarse que os exemplares que teñamos sexan aptos para o uso que lle queremos dar).

As súas propiedades son numerosas e moi variadas, tanto en uso tópico como interno, dado o seu alto contido en aminoácidos, enzimas e vitaminas.

AloeVera1- Acción “Detox”: limpa o aparato dixestivo e neutraliza as endotoxinas (as producidas polo metabolismo celular). Pero tamén benefícianse das súas propiedades depurativas os riles e o fígado (contido en Potasio).

– Acción dixestiva: aporta enzimas que axudan a metabolizar os nutrientes que pasarán ao torrente sanguíneo dende o intestino (as proteínas “descompóñense” en aminoácidos, os glúcidos en ácidos graxos e os hidratos de carbono en azucres).

– Acción antiinflamatoria: acción similar aos antiinflamatorios esteroideos tipo cortisona, pero sin conter cortisona. O cóctel de enzimas e compostos tipo antraquinones e salicilatos reducen a hinchazón e a dor a nivel interno (artrite, desordes dixestivas, reumatismo,…) e externo (erucións, picaduras, queimaduras, ulceracións,…).

– Acción inmunoestimulante: o Aloe vera é un completo e excelente complexo antioxidante -vitamina E, Zinc, Magnesio- que neutraliza os radicais libres que respiramos, inxerimos, nos provocamos fruto do estrés,… Os radiacais libres limitan e diminúen a capacidade de resposta do noso Sistema inmunitario, o que conleva envellecemento celular e propensión ás infeccións, maior risco de artrite, cancro,…

– Acción hidronutritiva: penetra na pel restituíndo a auga perdida e recuperando o tecido danado. O seu contido en aminoácidos estimula a correcta renovación celular.

– Acción dermoprotectora: a Lignina e os polisacáridos que contén o Aloe vera penetran as tres capas da pel nutríndoa dende o interior, e tamén creando unha barreira protectora en superficie que impide a perda de humidade e conseguinte elasticidade. Tamén estimulan a rexeneración celular en caso de queimaduras (químicas, lume, radiacións solares), abrasión (de contacto ou pola metereoloxía), cicatrices, acné; e a expulsión dos resíduos acumulados (puntos negros, espiniñas).

Destaco tamén o seu poder vasodilatador grazas á Lignina; propiedades antifúnxicas, antivíricas e bactericidas; antipuríticas (calma o picor) e humectantes.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-