AnsiedEstres1

Nesta conferencia aberta no Centro METYS achegarémonos ao mundo da ansiedade e do estrés para coñecer como se producen, as causas máis comúns e poder coñecer como se poden xestionar estes procesos para salvagardar a nosa saúde física e psicolóxica.

A ansiedade e o estrés son cuestións de saúde unidas á nosa civilización e tempo. A banalización no uso destes termos conleva que se descoñezan ou se busquen “solucións máxicas” que só disfrazan as verdadeiras causas.

AnsiedEstres2España é un dos países de Europa con máis consumo de ansiolíticos. Este dato debería facernos reflexionar sobre as auténticas solucións posibles, tanto a nivel individual como social.

Para abordar un procedo é importante coñecer os elementos e as consecuencias.  Ser capaces de adoptar un control sobre nós mesmos condúcenos tamén a entender a nosa vida como un camiño de Evolución e Benestar.

Martes 17 de Febreiro, 19 horas. Instalacións do Centro METYS (Santiago de Compostela).

Preinscrición ata completar aforo. Asistencia gratuíta.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta-