O Mundo vexetal bríndanos estupendas alternativas ás leites de orixe animal que nos proporcionan igualmente variedade de nutrientes de alto valor biolóxico, graxas amigas e múltiples beneficios para a nosa Saúde.

 

Bebida de Alpiste: si, estás a ler ben, o alpiste que comen os canarios tamén é a base desta sabrosa bebida vexetal rica en enzimas, sobre todo a lipasa (encargada de metabolizar as graxas).  Contén Potasio, Calcio e unha nada desprezable proporción de ácido fólico. Tanto a bebida de alpiste como a fariña e o gran, axudan a regular a inflamación interna e a rexenerar as células de órganos como o fígado e o páncreas.

Bebida de Améndoas: ideal para o/as goloso/as. Moi dixestiva e non produce fermentación no intestino. As graxas que aporta son poliinsaturadas, das que axudan a regular os niveis de colesterol. O seu contido en Calcio faina moi adecuada para fortalecer os ósos, previr a osteoporose, na alimentación das embarazadas, nais lactantes e cativos.

Bebida de Arroz: de sabor e textura moi suaves. Ao igual que a de Améndoas, é moi dixestiva. Contén menos Calcio e Sodio que outras opcións vexetais, pero maior cantidade de Potasio (regulador da tensión arterial) e a metade de calorías. Suxerencia: enriquece as túas sopas (frías ou quentes) engadíndoa no momento de servilas.

Bebida de Avelá: unha das máis completas a nivel nutricional destacando o seu contido en antioxidantes como a Vitamina E e o Manganeso. Este mineral-oligoelemento favorece o desenrrolo e mantemento da densidade ósea.

Bebida de Avena: abundante contido en proteínas, graxas sás (sobre todo poliinsaturadas) e fibra (a fibra da Avena é moi rica en betaglucanos, substancias moi efectivas na redución do colesterol). Suxerencia: aromatizada con canela ou vainilla está de vicio.

Bebida de Cebada: probablemente unha das menos coñecidas e co sabor máis sutil. Tamén é a máis revitalizante-calmante. Posúe menos Vitaminas que as demáis bebidas vexetais, pero máis oligoelementos (destaca o Selenio de acción altamente antioxidante). O poder alcalinizante da Cebada resulta especialmente beneficioso tras a realización de exercicio físico, e para as persoas con artrite, gota e reuma.

Bebida de Chufa: a horchata de toda a vida. Enerxética, dixestiva (alto contido en albúmina) e reguladora dos niveis de colesterol (proporcionalmente, contén a mesma cantidade en ácido oléico que o aceite de Oliva virxe). Fronte ao seu contido en Calcio, Ferro, Fósforo, Magnesio e Potasio, contén moi pouquiño Sodio polo que é especialmente indicada para persoas hipertensas.

Bebida de Espelta: suave e excelente para facer un cacao. Moi rica en Proteínas e, sobre todo, en Aminoácidos esenciais o que a fai ideal como reforzo na dieta de persoas vexetarianas ou con pobre aporte protéico. Destaca o seu contido en Silicio (fortalecemento de ósos e tendóns), Magnesio (tonificante do Sistema nervioso) e fibra.

Bebida de Kamut: elaborada co trigo máis antigo que existe e o máis dixestivo dado que non sufre as modificacións do trigo convencional para “adaptalo” ás distintas condicións metereolóxicas. A súa pel é moi fina polo que ten menos fibra que a media, pero compensa coa grande cantidade de Selenio, Vitamina E (dous potentes micronutrientes antioxidantes). Contén o aminoácido Lisina co que potencia o aproveitamento das proteínas.

Bebida de Soia: todo un clásico. O seu contido en aminoácidos esenciais é similar ao dos lácteos e a carne, coa vantaxe de que carece de graxas saturadas. Fonte de fibra e Vitaminas do grupo B (necesarias para o bó funcionamento do Sistema nervioso). A estrutura das súas isoflavonas aseméllase á dos estróxenos femininos polo que pode minimizar os efectos de certos síntomas da menopausia.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-