Maioritariamente dende norteamérica chéganos a idea da superación, éxito e métodos milagreiros de autoaxuda, sempre dende unha concepción individualista da sociedade. A cada instante, nas redes sociais e medios de comunicación, fálase de ser positivo e da felicidade. Receitas máxicas para ser felices en “X” pasos, ter pensamentos positivos para vivir máis,…

Non se pon en dúbida que hai necesidades psicolóxicas e Emocións relevantes para a satisfacción vital. A nivel emocional podemos afirmar que non hai Emocións boas nin malas. Todas teñen unha función de adaptación e comunicación, e teñen un contexto fundamental.

As Emocións “positivas” poden ter efectos negativos e as “negativas” un efecto positivo. Certo nivel de tristura, non intensa nin continuada, pode conlevar un razoamento máis analítico ou unha memoria menos sesgada. Un nivel moi elevado de Emocións “positivas” pode ter efectos adversos ao facer que nos involucremos en actividades de excesivo risco.

Máis felicidade subxectiva, máis optimismo, maior autoestima, máis sentido do humor ou recibir máis alagos pola propia conduta non sempre se asocia con mellores resultados ou maior benestar psicolóxico. Depende do contexto e de variables psicolóxicas presentes.

Dar un valor extremadamente alto a sentir un estado emocional de felicidade pode alimentar sentimientos de alienación e soedade.

Unha perspectiva que incida sobre as capacidades psicolóxicas, fortalezas ou as “Emocións” positivas, non debe inxenuamente ignorar que a natureza humana é complexa e contradictoria.

O ser humano é capaz de danar aos demáis, pero tamén de contribuir á mellora da Vida. É necesario comprender a dor e tamén o pracer.

Existen características positivas que amortiguan os trastornos mentais. Pero non confiemos en utopías, fe, auto-engano e receitas-miragre, así como en métodos de autoaxuda ou filosofías espirituais que tanto triunfan nos nosos días.

Si as Emocións negativas solucionan problemas de supervivencia inmediata, as positivas solucionan cuestións relativas ao desenrrolo e crecemento persoal e á conexión social.

As Emocións tamén se relacionan co tempo. Hai Emocións positivas do pasado como a satisfacción, complacencia, realización persoal, orgullo. As do presente como son a ledicia, éxtase, tranquilidade, entusiasmo, euforia, pracer, elevación e fluídez. E tamén as do futuro como o optimismo, esperanza e confianza.

Experimentar Emocións positivas é sempre agradable e placentero a curto prazo e semella ter efectos beneficiosos máis duradeiros.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-