A pel é a principal ponte de comunicación entre o medio ambente e o noso medio interno, así como o principal órgano-barreira fronte a bacterias e virus.

(Fonte: PhotoRack.net e arquivo propio)É un extenso órgano extremadamente vulnerable obxecto de agresións constantes, tanto externas (contaminación, cambios climatolóxicos, por mor do noso tipo de traballo, ocio,…), como autoinfrinxidas (alimentación desequilibrada, deficitaria xestión do estrés, tóxicos en tecidos e produtos de hixiene e cosmética persoal,…).

Centrándonos no ámbito do coidado persoal, compre coidar as nosas costumes de aseo e o consumo de produtos de aseo, dado que a inmensa maioría dos que atopamos nos supermercados e tendas de cosmética (incluso algún que outro herbolario e “tenda natural”) conteñen ingredientes altamente perxudiciais e dañinos, que son absorbidos a través da pel pasando directamente ao torrente sanguíneo e depositándose nos distintos órganos.

Aquí vos cito algúns dos máis comúns… e agresivos:

  • Emulsionantes e deterxentes: o Propylen glycol é a principal substancia que emprega a industria convencional para emulsionar a auga e os ingredientes graxos e deterxentes.

A cuestión non é tanto que sexa unha substancia tóxica de por si, senón polo efecto “desprotector” que produce na pel afectando así ao funcionamento do Sistema Inmunitario. Suele aparecer coas siglas PG ou PEG ou cos sufixos “-oxynol” e “-eth” como o Sodium laureth sulfate. Outra maneira de disfrazalo é baixo o nome Polyglykol, Plyethylene, Copolyol, Polysorbate,…

Un caso particular e o do Sodium lauryl sulfate (SLS) que si é unha substancia deterxente irritante de por si común na composición de xeles de ducha, champús, dentífricos,… Deposítase nos tecidos do fígado, pulmóns, corazón, cerebro,… e, en cantidades acadadas co uso continuado, favorece a aparición de diferentes tipos de cancro incluso podendo modificar a xenética celular tal e como reflicten varios artigos publicados en revistas científicas como Human Reproduction. Tamén se asocia a danos intestinais, afeccións respiratorias, aparición de quistes,…

Nas probas realizadas con animais (probas crueis, innecesarias e totalmente prohibidas na verdadeira cosmética natural) causa problemas de pigmentación, retardamento do crecemento capilar e corrosión dos folículos pilosos.

  • A Diethanolamine (DEA) é outra das subtancias deterxente-espesante altamente irritantes empregadas en gran cantidade de produtos de hixiene persoal,… básicamente producindo espuma a esgalla. Estudos levados a cabo na Universidade de Illinois, en concreto polo doutor Samuel Epstin, constataron que o seu uso repetido aumenta exponencialmente a incidencia de cancros como o de fígado e riles. Ademais, a American Journal of Industrial Medicine sinala a maior incidencia de certos cancros entre os profesionais da perruquería, así como unha maior probabilidade de sufrir un aborto e malformacións do feto.
  • Ethylene Oxide: ingrediente probadamente canceríxeno presente en gran cantidade de champús… para bebés. Sin comentarios.
  • Familia Isopropil: disolventes sospeitosamente canceríxenos que atopamos tanto en champús… como no anticonxelante do coche. Son substancias derivadas do petróleo que a industria cosmética convencional inclúe en exfoliantes, cremas de afeitado, cremas de mans,… Ingredientes baratos e fáciles de producir. Tamén, sen comentarios.
  • Fenol-Fenil: na industria médica empréganse como desinfectantes, e na industria cosmética convencional como conservantes.

O Fenol é un tipo de alcol derivado da oxidación do benceno o que o converte en substancia altamente tóxica que afecta ao Sistema Nervioso Central, corazón, fígado, riles e tecido dérmico. Non aparece denominado como tal, senón baixo o nome de Nitropheno, Chlorophenol ou Phenolphthalein (son os máis comúns).

No caso do Fenil (en produtos de coidados persoais o podedes identificar co nome de Phenylenediamine sulfate) ataca principalmente ás células hepáticas.

Especialmente sangrante é a súa presencia en produtos de hixiene bucal, algúns dos cales poden conter ata un 22% deste tipo de alcoles.

  • Outro tipo de substancias como as Nitrosaminas (demostradamente canceríxenas) non aparecen na formulación como tais, pero son creadas coa combinación de varios ingredientes da formulación (por exemplo, un champú que conteña Bronopol e Triethanolamine… tamén contén Nitrosaminas).

(Fonte: photogen.com)Afortunadamente, a verdadeira Cosmética Natural pon ao noso alcance unha extensa gama de produtos de hixiene e aseo persoal. Insisto no de “verdadeira Cosmética Natural” dada a crecente e constante campaña de desorientación do consumidor levada a cabo pola industria convencional e a “pseudonatural” coa que, incluíndo algún que outro “extracto vexetal” ou “eliminando” algún que outro ingrediente como os famosos parabenos, presentan a súa nova formulación como “natural”.

A isto chámaselle fraude.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-