Atácanse a sí mesmos. Os ollos, o corazón, os pulmóns, o intestino,… Un órgano ou varios. O sufrimento aparece como unha ola incontrolable para a persoa.

As enfermidades autoinmunes son un ataque dende dentro ante o que a persoa parece sentirse indefensa. Como defenderse de algo que nos fai dano e está dentro dun mesmo?

A función principal do sistema inmune consiste en identificar e eliminar as substancias estranas que entran en contacto co organismo. Estas substancias estranas son denominadas antíxenos, e inclúen aos virus, bacterias, parásitos e fungos. O sistema inmune está composto por un conxunto de células que se orixinan na médula e posteriormente vanse concentrando en distintos órganos, como o timo, o bazo, os órganos linfáticos periféricos e os ganglios linfáticos.

Imaxe AtacarseUnMesmoUn funcionamento inmune apropiado pode rebelarse contra o propio organismo (enfermedades autoinmunes), como un fracaso en recoñecer os marcadores propios, e atacar os tecidos do propio organismo.

Sabemos que o sistema nervioso, endocrino e inmune están intimamente relacionados no seu funcionamento. Así pois, abordar as enfermedades autoinmunes non pode ser unha achega parcial.

Hai  factores quer predispoñen no plano físico como a xenética ou a nutrición.

En relación ao plano psicolóxico, diversos estudos constataron a relación do estrés emocional como factor desencadenante de brotes. Pero tamén téñense sinalados outros factores predispoñentes que conforman un perfil psicolóxico nestes suxeitos.

Así, podemos sinalar a alexitimia ou incapacidade para identificar emocións e xestionalas no contexto adecuado.

As persoas que desenrolan estas enfermedades caracterízanse por ser autoesixentes consigo mesmas e os demáis, teñen unha gran capacidade de organización e de control, preocúpanse en exceso por problemas de terceiros ou polo futuro con unha responsabilidade desmedida, tenden a “atacarse a sí mesmos” sentíndose total ou parcialmente culpabeis polas cousas negativas do pasado ou do presente.

Presentan unha actitude crítica frente a vida e, ao mesmo tempo, adoitan unha actitude victimista ante ela.

Situacións de pérdidas non elaboradas, grandes frustracións, cadros de estrés, experiencias de violencia, traumatismos graves ou longos períodos de dor e sufrimento poden ser abordados en psicoterapia. Tal e como expón o Dr. Arturo Agüero, trátase de axudar ao paciente a aceptar o seu trauma emocional profundo.

É necesario ter en conta factores psicolóxicos moi diversos, externos ou estruturais e non caer en simplismos nin receitas máxicas.

A abordaxe integral é imprescindible para o afrontamento desta guerra do  corpo consigo mesmo.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica e Psicoterapeuta-