StretchMinimoAínda que moito nos empeñemos en “sedentarizar” a nosa vida, o corpo é o suficientemente intelixente como para “asubiarnos” certas necesidades físicas (actos reflexos como bostezar, estirar os brazos, rotar os ombros,… son moi sintomáticos).

Peeeero, o ser humano é bastante “erre que erre”, polo que se nós incrementamos a aposta, o corpo tamén o fai en forma dun bó “tirón de orellas”: permite que nos sintamos incómodos, perdamos mobilidade e vivamos con dor.

Unha das ferramentas máis asequibles que podemos empregar para evitar certos malestares e molestias, é a práctica dos estiramentos, axeitada en forma, tempo e intensidade ás nosas capacidades.

 

Beneficios múltiples son os que gañamos con esta asequible ferramenta dos que aquí destacamos os seguintes:

Aumentan a amplitude articular: sempre acorde aos límites biomecánicos naturais (non falamos de convertirnos en figuriñas de plastilina), as articulacións liberadas de tensión producida por tracciones musculares son máis flexibles e permiten realizar os movementos da nosa vida diaria (tanto automáticos como programados) dun xeito máis saudable. Máis fluidez e máis elegancia que nos proporciona Benestar.

Favorecen a circulación sanguínea: a relaxación da musculatura e flexibilidade articular reduce a presión sobre os vasos sanguíneos. Propiciamos así unha maior circulación sanguínea co conseguinte transporte de nutrientes e osixenación de todas as nosas células.

Favorecen a propiocepción: moito se fala e pouco se practica. Practicando a arte dos estiramentos, recoñecemos o noso corpo. A información que envían os propioceptores situados nos tecidos brandos ao noso cerebro é memorizada neste. Así, aprendemos a recoñecer as nosas malas posturas, movementos forzados, desequilibrios,… e traballar na súa corrección. Realizar estiramentos amplía a nosa capacidade de concentración, os movementos son lentos, harmónicos e acompañados dun ritmo respiratorio,… e precisan da nosa atención respecto das sensacións que o corpo nos está a transmitir (se che ven á cabeza a lista da compra, cando vas ir tomar un viño, a mala contestación que recibiches no traballo, a carta achegada polo banco,… por favor, tenta deixalo pasar e céntrate).

Compensan o traballo de tonificación muscular: se traballamos só a forza, desenrolo de masa muscular, “estilizamento” da nosa figura,… a musculatura tenderá a acortarse e perder a súa capacidade de contracción-extensión, provocando trastornos na súa funcionalidade que repercutirán en todo o noso organismo. Cando traballamos forza e tono os músculos acumulan sangre venosa que contén toxinas, cando estiramos, favorecemos a súa expulsión e a entrada de sangue arterial, a nutritiva… e se engadimos respiración profundas, nin vos conto a multiplicación dos beneficios.

Na práctica deportiva, favorecen o quencemento e a prevención de lesións: os estiramentos previos á realización de exercicio físico quencen a musculatura, melloran a amplitude articular e activan os receptores propioceptivos de cara á posterior eficiente execución da nosa rutina física. Tras o exercicio físico, as técnicas de estiramentos harmonizan a actividade tónica muscular e relaxan ás articulacións.

StretchTercIdadeAtenúan os procesos dexenerativos: a perda de mobilidade acentúase coa acumulación de tensións físicas e emocionais, bloqueos anatómico-enerxéticos e malos hábitos dos que somos directamente responsables. A realización de exercicio físico compensado no que se traballe a musculatura dende un punto de vista integral -a súa tonicidade, elasticidade, excitabilidade,…- mantén uns parámetros saudables de mobilidade articular, control da postura e execución de molestias. Isto inflúe directamente na nosa Calidade de Vida: un corpo que goza de autonomía permite unha maior e mellor relación co noso entorno.

 Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-