Coidados faciais unisex

BenestarBAFac

Facial BIO “Tres Pasos”: coidada selección de técnicas manuais coas que drenamos favorecendo a eliminación de toxinas,  e activamos as funcións autorreguladoras da pel.

Facial BIO “Lifting-Detox”: as técnicas de drenaxe e masaxe facial desbloquean as tensións musculares e fortalecen o tecido cutáneo. A pel respira libre de impurezas e remineralizada.

Benestar Purificante “Bio-Regulador”: acción depurativa-osixenante para peles “tendencia graxa”.

Benestar Harmonizante “Bio-Regulador”: acción depurativa-matificante para peles “tendencia mixta” e “mixta-sensible”.

Benestar Revitalizante “Bio-Activo”: activación da microcirculación-hidronutrición para peles “tendencia seca”.

Benestar Calmante “Bio-Reparador”: acción relaxante-reforzante para peles “tendencia sensible”.

Benestar Tonificante “Bio-Reafirmante”: acción tono-rexeneradora e reafirmante para peles maduras.

Benestar BAPlus “Bio-Osixenante”: acción estimulante-desconxestiva-nutritiva para peles desvitalizadas.

 

Coidados corporais unisex

BenestarBACorp

 Benestar “Bio-Relax” (zonal ou global): a Aromaterapia ao servizo do teu Benestar físico e mental. Suaves e rítmicas técnicas de masaxe que inducen á Calma e a Relaxación. Agarimos e Nutrición para todo tipo de peles.

Benestar Pernas Cansas “Bio-Drenante”: profundo relax e acción desconxestiva para as pernas con deficiencias circulatorias, retención de líquidos e sensación de pesadez.

Benestar Podal “Bio-Detox”: coidado holístico dende a masaxe dos pés. Activación da circulación sanguínea e linfática que aporta lixeireza e descanso. Desbloqueo enerxético e eliminación de toxinas.

Benestar “Bio-Fitness”: especialmente indicado tras a realización de exercicio físico. Relaxa a musculatura, alivia as tensións articulares, promove a eliminación de toxinas e tonifica o aparato circulatorio facilitando a recuperación.

Drenaxe Linfática Manual (DLM): técnicas manuais específicas co obxectivo de estimular a  circulación linfática. Detoxifica o organismo, reduce a retención de líquidos e con efectos neurosedantes (redución das dores de cabeza, afección das vías respiratorias, edemas faciais e corporais,…).

Benestar “Anticelulítico-Reafirmante” (zonal ou global): drenaxe das impurezas e estimulante da combustión dos cúmulos de graxa, xunto con técnicas reafirmantes e preventivas da aparición de estrías.

Benestar “Vital-Relax”: técnicas manuais e aplicación de pindas vexetais que aportan Benestar físico e Emocional. Disminución da sensación de pesadez, desbloqueo enerxético e aumento do Tono Vital.

Benestar “Vital-Detox”: drenaxe de toxinas e relaxación profunda dos tecidos con cañas de bambú. Activamos a circulación e promovemos a rexeneración celular. Efecto tonificante-redutor.