Tono, Relax, Benestar Físico

Atendendo ás necesidades e capacidades de cada participante, a actividade físico activa e supervisada contribúe a reducir os niveis de estrés e an

siedade, ao tempo que incrementa a concentración e a relaxación consciente e a prevención de molestias articulares e musculares.

QueFacemos AcondicionamentoFisico

Co traballo “Tono-Enerxético” estimulamos o noso Sistema Inmunitario, Linfático, corazón, músculos e articulacións. Gañamos flexibilidade, forza e resistencia; aumentamos a nosa coordinación e capacidade de concentración e melloramos a nosa postura corporal.

A través da “Relaxación-Revitalización” cultivamos o equilibrio Corpo-Mente. A práctica consciente de diferentes técnicas de respiración, relaxación e estiramentos calma a mente reducindo os niveis de ansiedade e estrés, mellora a osixenación do corpo e fortalece o organismo.

Consúltanos sobre as distintas opcións de traballo (flexibilidade horaria, sesións individuais e en grupos reducidos).