Nunha reunión de persoas podemos observar a algunha que se manifesta alegremente, outra calada e ensimismada, outra queixándose de aburrimento e máis aló, sentada nun recuncho, á que unicamente se ocupa do seu móbil.
Así ocurre en moitas outras situacións. O que para un é maravilloso, para outro é odioso.
Pero non é o feito o que modula o humor destas persoas, senón a interpretación que facemos no noso interior. Cada persoa é un conxunto de vivencias e recordos que van acompañados dun sentimento, dunha emoción.

Bo Humor

  Humor é tono emocional, agradable ou desagradable, que experimenta unha persoa e que vai intimamente unido a un obxecto exterior (lugar, persoa, suceso, etc.) ou a un pensamento propio.
Decimos “estou de bo humor” ou “estou de mal humor” e así comunicamos o noso ánimo ante as circunstancias ambientais.
Cando estamos “de bo humor” sentímonos ledos e sintonizamos cos acontecementos positivos que nos rodean. Atopámonos optimistas, temos gañas de facer cousas, estar con outras persoas e minimizamos os contratempos que poidan xurdir.

Polo contrario, cando estamos “de mal humor” sentímonos apáticos, faltos de interese por todo o que requira un mínimo esforzo, evitamos as relacións sociais e os contratempos parécennos insalvables.

Que inflúe no humor?
Hai factores externos procedentes do medio ambiente. Outros son internos, con sensacións físicas e psíquicas.
Seríanos imposible realizar unha lista de todo o que inflúe. Non é o feito en sí o que ocasiona o tipo de humor, senón a interpretación, vivenzas e recordos, que facemos da situación.

Concepción Rozas. Psicóloga clínica e psicoterapeuta.