Na adolescencia, cando o egocentrismo intelectual e os pensamentos utópicos dominan o pensamento, as frases feitas, extractos de poesía ou letras de cancións son os impulsores de emocións, condutas e crenzas.

Se observamos as redes sociais, programas de televisión e, en menor medida prensa escrita, atopamos mensaxes, novas e citas “positivas”. Perfiles en facebook ou contas de Twitter con multitude de seguidores os empregan para enganchar máis “amigos”. Persoas que se sinten ben cando os len, os aplauden e pulsan “me gusta”.

¿Cal é o problema entón?

Podemos analizar o “bó rollismo” en dous aspectos esenciais: a influenza intrapersoal e a interpersoal.

No campo do intrapersoal poderíamos sinalar o efecto maquillaxe sobre o estado de ánimo. Un efecto pasaxeiro que pode levar a non abordar a problemática subxacente.

Outros autoengánanse pensando que son mellores con só ler as mensaxes, aínda que logo se adiquen a amolar ao compañeiro, ao veciño… ou ao alleo.

A nivel social, a frustración, depresión, ansiedade, ou rabia poden reprimirse tras unha falsa actitude positiva típica destas mensaxes.

No artigo “As Emocións positivas” xa comentamos que tan importante é identificar, sentir e xestionar as emocións “positivas” como as “negativas”. O rexeitar as “negativas” sen ningún tipo de análise nin afrontamento só pode conducir á cronicidade ou empeoramento do malestar.

Lembrar citas de poetas e escritores, emocionarse cunha imaxe pode xerar un benestar que non debe confundirse coa solución intra e interpersoal dos problemas.

Mellor non perder a perspectiva realista das circunstancias, que e como nos sentimos, entender e ter en conta as  relacións que nos rodean. Todo en conxunto será seguramente máis proveitoso para a nosa psique e para o noso entorno social.

Concepción Rozas. Psicóloga clínica. Psicoterapeuta.