Falar de revitalización e relaxación na mesma frase pode resultar chocante e incluso contraditorio, pero ambas están intimamente relacionadas entre sí e, á súa vez, coa nosa Saúde.

O corpo humano emprega o tempo nocturno de descanso para levar a cabo funcións de “mantemento e reparación” como cando acabamos a xornada laboral e ordenamos e limpamos o noso posto de traballo, facemos caixa, revisamos o estado dos aseos, que as luces queden apagadas,… para ao día seguinte iniciar unha nova xornada. Pero se na nosa vida diaria abundan as situacións estresantes, desequilibrios horarios e pensamentos repetitivos entre outras contraproducentes costumes, o descanso nocturno non chega a cumprir eficientemente a súa función e o organismo entre nunha espiral de desaxustes e deficiencias que, antes ou despois, traduciránse en malestar e deterioro progresivo da nosa Sáude.

Unha das ferramentas máis asequibles que temos ao noso alcance para paliar a axitación cotidiana é a práctica da relaxación. Actúa tanto a nivel físico como mental proporcionando o oasis que o noso organismo precisa para “resetear” e afrontar saudablemente as nosas actividades.

 

Coa relaxación física e mental obtemos valiosos beneficios como:

1.- A optimización das nosas funcións orgánicas (o noso corpo vitalízase dende o nivel celular, a base da Vida).

2.- Actívase o Sistema Linfático, responsable da condución dunha alta porcentaxe do noso lixo interno cara aos órganos emuntorios (os responsables de expulsalo ao exterior).

3.- Refórzase o noso Sistema Inmunitario ao diminuir a cantidade de toxinas no corpo grazas á activación do Sistema Linfático, increméntase a produción de glóbulos brancos, anticorpos, así como a osixenación e nutrición internas.

4.- O control da respiración e a aprendizaxe de técnicas do seu uso incrementa o noso umbral de resistencia fronte ao estrés, axuda a minimizar a ansiedade e mellora a “ventilación interna” que limita a existencia de bacilos e bacterias non amigas.

5.- A respiración combinada con movimentos suaves e controlados potencia a propiocepción e estimula as capacidades de concentración, autocontrol, coordinación e equilibrio.

6.- A masaxe interna que a respiración proporciona aos nosos tecidos apórtalles maior elasticidade e o noso corpo recupera progresivamente unha saudable mobilidade.

Actividades de Acondicionamento e Benestar físico no Centro METYS

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-