É esta unha entradiña básica que nos axudará a sentar as bases para un mellor coñecemento do que son ingredientes e a súa función en cosmética:

TiposIngredientesExcipiente: é o ingrediente no que se dilúen e emulsionan todos os ingredientes para poder empregar o cosmético. En función do excipiente base, o resultado final será unha crema densa ou fluída, un xel, unha loción,… O excipiente por excelencia é a auga, seguida moi de preto polos aceites vexetais (por favor, a parafina non é un aceite vexetal).

Principios activos: poderiamos decir que son os ingredientes que lle dan realmente sentido a cada produto, dado que o seu contido determina a función cosmética do mesmo: antiengurras, anticaspa, hidratante, tonificante,…

Correctores: son os ingredientes que estabilizan o produto e introducen melloras na presentación e uso. Non son imprescindibles.

Aditivos: basicamente, evitan o deterioro e apórtanlle un plus (colorantes, aromas, conservantes,…).

Con estas catro ideas, estamos todos listos para profundizar un chisquiño máis en cada un deles e poder identificalos en cosmética convencional e en Cosmética Natural… pero iso en futuras entradas (pasiño a pasiño).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-