Indispensable fondo de despensa, así é a nutritiva cenoria.

Un dos alimentos máis vitamínicos cuxos beneficios máis destacables aquí vos sinalamos:

Cenorias Carrots  1.- Se ben o seu aporte en graxas e proteínas é simbólico, compensa a súa inxesta pola cantidade e variedade de vitaminas e minerais que contén: B1, B6, B9, C e E. Todas elas con propiedades antioxidantes neutralizadoras dos radicais libres. No tocante aos minerais, destacan o Potasio, Iodo e Ferro.

Especial mención faremos no tocante ao seu contido en betacaroteno ou provitamina A (aprox. 100 gramos diarios deste tubérculo cobren a cantidade diaria que precisa o noso organismo). A vitamina A é fundamental para o bó estado das mucosas, a vista (especial incidencia na visión nocturna), a pel e a correcta produción de glóbulos vermellos. Curiosidade: a asimilación de betacaroteno é maior se cocemos (suavemente) as cenorias.

2.- A cenoria contén pectina, fibra que contribúe ao bo estado das mucosas do aparato dixestivo e que axuda a regular o tránsito intestinal.

3.- Aumenta as nosas defensas, mellora os cadros anémicos (anemia ferropénica, máis en concreto) e axuda a eliminar residuos indutores de procesos inflamatorios como é o caso do ácido úrico (en zume ou en peza, a inxesta de cenoria é moi recomendable no caso da artrite).

4.- Os trastornos da vista como a perda de visión nocturna (hemeralopia), inflamación da córnea (queratite), inflamación das pálpebras (blefarite),… melloran coa inxesta continuada e abundante de cenorias.

5.- Mantemento da boa saúde das mucosas co que, por exemplo, minimizamos a formación de cálculos na vesícula e na vexiga, así como axuda a rexenerar (ou cando menos que se deterioren “moito”) as mucosas dos fumadores.

6.- A inxesta de cenorias e o seu emprego tópico actúan sobre desequilibrios cutáneos como a sequedade, o acné, engurras prematuras,…

CenoriaCabritiña

A carencia de vitamina A pode conlevar desmineralización ósea, deterioro da vista, alteracións reprodutivas, así que, Vitaminarse e Mineralizarse!!

 Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-