Comemos cando inxerimos alimentos e alimentámonos cando comemos ben en relación á cantidade, calidade e equilibrio de nutrientes contidos nos alimentos escollidos.

O noso corpo precisa deste segundo tipo de acto para levar a cabo as súas funcións en todos os seus órganos e tipos de tecidos. Unha boa hixiene alimentaria parella á atención nutricional, ten un papel moi destacado no mantemento da nosa Saúde… e na súa perda en caso contrario.

A correcta inxesta de alimentos conleva que lle proporcionemos ao corpo nutrientes na cantidade e calidade que precisa para repoñerse do gastado ao longo da xornada, manter a temperatura corporal, activas as funcións fisiolóxicas, enerxía necesaria para o funcionamento celular,…  cunha baixa carga toxificante.

  • Os nutrientes

- Macronutrientes

- Micronutrientes