A creatividade como característica humana é o motor do cambio, do progreso e en definitiva da evolución. Pode ser considerada como o antídoto ante o aburrimento, pode facer máis vivas e gratificantes as experiencias cotiás.

Reflexionar sobre a nosa vida persoal, estar abertos a novas posibilidades son tamén exercicios de creatividade relacionados coa satisfacción persoal porque facer o que ás veces non facemos simplemente porque non se nos ocorre, e ver o que habitualmente non vemos porque non prestamos atención, como mínimo enriquece o noso mundo e o de quenes nos rodean.

Nas relacións interpersoais pódenos levar a percibir aos demais e o que fan dende perspectivas máis amplas. Pensar que hai varias razóns para facer algo, investigalas e intentar comprendelas favorecerá a comunicación e isto non deixa de ser un exercicio de creatividade dirixido conscentemente a percibir o que xeralmente non se percibe,… e a facer o que habitualmente non se fai.

Podemos entrenar a creatividade cultivando a curiosidade e o interese. Hai que cuestionar o obvio co obxectivo de engadir outras posibles explicacións e solucións ás xa establecidas.

Tamén podemos ampliar a nosa capacidade de discriminación perceptiva. O que un artista reflexa na súa obra, o que un investigador aporta no seu campo, non é a realidade senón o xeito no que interpreta esa realidade.

Podemos exercitar a creatividade pensando tantas ideas diferentes como sexa posible, ideas imposibles, improbables, ideas sen valoracións.

Necesitamos relativizar a importancia do xuízo dos demáis. Crear require certa liberdade e se estamos preocupados polo que pensarán outras persoas dificilmente propondremos alternativas e novas posibilidades.

O principal freo para desenvolver a creatividade é crer que un non pode desenvolvela. Moitas persoas confunden fracaso inicial con incapacidade fundamental. Os grandes xenios tamén tiveron uns primeiros traballos e incluso malos, pero se lles lembra polo que acadaron con algunhas das súas ideas.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-