“COMUNICACIÓN ENTRE E CON CATIVOS”

O Centro METYS participa no II Congreso Solidario Parasanitario e de Mediciña Integrativa, celebrado en Pontevedra o 18 de Outubro de 2014 coa seguinte charla activa:

Comunicarnos é mais que o proceso de adquisición da linguaxe, ou falar o mesmo idioma. Entendernos está na base das boas Relacións.

Ao igual que a Comunicación entre amigos, coa parella, compañeiros de traballo,… o que se di, coa intención de comunicar, non sempre chega ao outro e, as veces, o que non se di resulta ser unha mensaxe clara e concisa.

Esta mesma tónica a atopamos na Comunicación a tempranas idades polo que esta charla informativa achegarase ao feito comunicativo partindo de cuestións básicas como:

- Que, cando e como entendo a mensaxe do cativo?
– Que información falta e cal sobre cando nos diriximos a un cativo?
– Sabemos realmente as mensaxes que enviamos aínda pensando que non o estamos a facer?
– Entendemos o que nos queren dicir os nosos cativos?

Intentaremos responder a estas e outras cuestións para poder “Entendernos” cando falamos.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica e Psicoterapeuta-