As nosas relacións están determinadas pola forma en que nos comunicamos. Cando a comunicación é gratificante a relación é máis estreita, poden romperse relacións porque facémonos dano co que nos decimos e sentímonos frustrados se hai confusión e falta de entendemento.
Decimos que “non nos entendemos” cando a comunicación está distorsionada, sentímonos mal sen poder explicar cal é a mensaxe que realmente estamos enviando ou recibindo.
Comunicacion2

  Os modos de comunicación veñen determinados con elementos subxectivos da personalidade.
Interpretamos unha mensaxe dependendo da idea que o receptor teña do emisor. Non é o mesmo unha mensaxe emitida polo xefe, polo compañeiro de traballo ou pola parella.
O éxito da comunicación dependerá así mesmo da significación que teña para os que se comunican. Os pensamentos, estado de ánimo, emocións e experiencias do receptor da mensaxe inflúe no éxito da relación comunicacional. Os malentendidos, as interpretacións distorsionadas poden provocar conflitos nas relacións de traballo, familiares ou de parella.

No taller “Comunicar para Vivir” aprenderemos a recoñecer as mensaxes que se esconden detrás das comunicacións que habitualmente mantemos e practicamos estratexias que nos permiten mellorar as nosas relacións persoais.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta humanista-