Que tipo de emocións hai? Como se manifestan? Como poden afectarnos fisicamente se non as xestionamos ben?

Cando somos emocionalmente intelixentes, cando somos conscientes de nós mesmos, vivimos o aquí e o agora de maneira que un impulso emocional non destrue ou altera o noso equilibrio.

Cfcia DesmaqEmocs2  Tamén temos a capacidade de ver as emocións alleas, coñecernos e coñecer.

Existe vinculación entre as emocións e os procesos físicos, recoñecelas e xestionalas permite acadar un maior estado de benestar.

Nesta conferencia asentaremos baes que nos acheguen a ser os donos das nosas emocións: cambialas, diminuílas, facelas desaparecer ou xurdir,… co fin de poder desfrutar con maior plenitude e riqueza da nosa vida.

Mércores 29 de Abril, 20 horas. Instalacións do Centro METYS (Santiago de Compostela).

Preinscrición ata completar aforo. Asistencia gratuíta.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta-