A volta ao traballo despois do período de vacacións implica un proceso de adaptación a un ritmo distinto ao do período de ocio. As esixencias do ritmo da vida laboral poder levar, máis pronto que tarde, a un estado de fatiga, trastornos do sono e agotamento emocional que podemos paliar con variadas estratexias.

Foto 2As novas tecnoloxías que permiten ás persoas traballar dende calquera lugar e momento fan que tamén “estemos dispoñibles” 24 horas ao día, sete días á semana (os traballadores 24/7). O estado de tensión que pode producir leva a sentir fatiga, estrés e a “estar queimado polo traballo” (o síndrome burnout).

En condicións de altas demandas laborais, a activación fisiolóxica tende a sosterse no tempo para afrontar a situación no traballo. Isto pode provocar un aumento da fatiga, activación neuroendocrina e diminución da recuperación cardiovascular, elementos que desencadean problemas de Saúde.

A recuperación do traballo é necesaria para manter e repoñer enerxías e recursos. Dita recuperación pode darse no contexto laboral -recuperación interna- ou fóra do mesmo -recuperación externa-.

Foto1

A recuperación interna lógrase con descansos formais e informais durante a xornada laboral. Actúan como estratexias fronte á fatiga e aumentan a produtividade. Os empregados do sector servizos que teñen máis actividades de descanso laboral diarias, experimentan maiores niveis de Emocións positivos non só durante os descansos, senón despois deles.

A recuperación externa é aquela que ten lugar despois do traballo, os fins de semana e durante as vacacións. Levar a cabo actividades sociais e físicas despois do traballo ou os fins de semana exerce un positivo efecto sobre o Benestar. Algúns estudos apuntan que os efectos saudables das vacacións desaparecen rapidamente. Por iso, a recuperación que ten lugar diariamente ou durante os fins de semana pode chegar a ser máis importante para manter o Benestar.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-