O interese activo dun crecente número de consumidores respecto da súa Saúde e a do Planeta Terra, está a levar a que as grandes corporacións  “maquillen” os seus produtos (práctica denominada “GreenWashing”) incluíndo extractos “naturais” en proporcións irrisorias mantendo os contidos en substancias dañinas, así como facendo un uso inapropiado de termos como “natural” “biolóxico”,… así como distribuidores e/ou comercializadores que non coñecen os ingredientes do que venden… ou directamente ignórano.

A publicidade sensacionalista empregada pola inmensa maioría dos fabricantes esaxera ata límites rocambolescos as “bondades” da utilización de cremas que eliminan engurras e manchas “en poucos días e para sempre”, “adiós caspa desde o primeiro día”, “sen rastro de espiniñas cun par de toques”,… Vamos, unha “fashion” tomadura de pelo.

Fonte: IStockPhoto Pero a Cosmética Natural é algo máis que cosmética: responde a un estilo de Vida respetuoso co Ser Humano, a Natureza, e as relacións comerciais xustas.

Aquí tedes o resumo dos principios que cumplen as verdadeiras marcas de Cosmética Natural:

  • Totalmente prohibido o uso de derivados do petróleo (véxase parafinas, certas glicerinas, siliconas e aromas), os ingredientes obtidos mediante síntese química pura (que son totalmente inventadas como a maioría dos antioxidantes, colorantes, conservantes, emolientes e perfumes que emprega a industria convencional) e os ingredientes de orixe transxénico e experimentados en animais ou que “precisen” da súa morte (os ingredientes de orixe animal como a lanolina ou a cera de abellas só están permitidos se proceden de animais vivos aos que non se lles produce ningún dano e que son coidados seguindo as normas da gandería e crianza ecolóxica).
  • Só se permiten materias primas vexetais auténticas que non procedan de especias protexidas e que non causen dano ecolóxico na súa extracción e transporte.
  • As materias primas minerais tamén só están permitidas cando a súa extracción non produza contaminación e destrución do medioambiente.
  • A auga empregada debe ser sempre potable.
  • Durante o proceso de fabricación, as materias primas procedentes de cultivos ecolóxicos teñen que estar separadas das que non o son.
  • Os conservantes naturais e as súas réplicas obtidas en laboratorio teñen que ser idénticas ás orixinais.
  • Totalmente prohibido o emprego de substancias susceptibles de provocar reaccións alérxicas, irritantes, alteracións hormonais,…
  • Nas embalaxes non está permitido o emprego de materiais como o poliestireno expandido, PVC,…  Os materiais teñen que ser biodegradables/reciclables.
  • Os ingredientes figurarán seguindo a nomenclatura INCI -Nomenclatura Internacional de Ingredientes Cosméticos- (nome en latín e enumerados de maior a menor segundo a súa porcentaxe na composición final).

Fonte: elaboración propiaA maiores, as diferentes entidades de certificación contemplan criterios específicos respecto da orixe das materias primas, a súa proporción na composición final, o tipo de fontes de enerxía empregadas e a responsabilidade social e medioambiental da empresa. Nos seguintes enlaces podedes consultar amplia información sobre os principais selos de certificación autorizados na Unión Europea: BDIH, NATRUE, Ecocert, Cosmebio, The Soil Association e AIAB.

Dado o crecemento do sector, o intrusismo e as malas prácticas de certas compañías que xeneran gran confusión entre os consumidores, no ano 2009 nace a norma de certificación COSMOS que aúna os criterios dos diferentes selos baixo dous niveis xerais de certificación:

  • O nivel I -Cosmética Natural- caracterízase pola non obriga de incorporar ingredientes de produción ecolóxica.
  • O nivel II -Cosmética Ecolóxica- pola obriga de conter un 95% de ingredientes de produción ecolóxica, así como que as moléculas de síntese deben proceder na súa totalidade de substancias naturais.

En relación co emprego das denominacións “ecolóxico”, “biolóxico”, “orgánico”, a día de hoxe, no sector da cosmética nin hai regulamentación a nivel estatal, nin a nivel europeo (nin sequera sobre o emprego de “Natural”).

Por cuestión de idioma e de porcentaxe de contido de ingredientes de produción ecolóxica, a Cosmética Natural en español e en inglés denomínase natural, pero en francés é ecologique. Por norma xeral, cando o 95% ou máis dos ingredientes proceden de produción ecolóxica, en español fálase maioritariamente de Cosmética  Ecolóxica, pero en francés é ecologique et biologique, en alemán biokosmetik e en inglés organic.
Por tanto, un produto de Cosmética Natural, que ten que respetar os criterios xa comentados, non ten porque ser ecolóxico-biolóxico-orgánico (aínda que a inmensa maioría así o son), pero un produto eco-bio-orgánico necesariamente ten que ser Cosmética Natural.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-