O vindeiro Mércores, 15 de Outubro, as 19.30 horas, terá lugar nas instalacións do Centro METYS (R/ Frei Rosendo Salvado 19, baixo. Santiago de Compostela) a charla informativa ” ¿Cosmética Natural? Mitos e Realidades” na que trataremos como o Natural e Sinxelo hábito da hixiene diaria e coidados persoais baséase principalmente nun difuso concepto de Beleza que ten máis en conta o aparente resultado que a  funcionalidade obxectiva dos productos e a súa calidade… deixando moi de lado o seu impacto na nosa Saúde.

Máis do 60% das substancias que entran en contacto coa nosa pel, penetran ao interior do noso organismo depositándose nos tecidos e órganos, interferindo no seu correcto funcionamento e afectando así á nosa Saúde.

A Cosmética Natural baséase no respeto ao Ser humano e o seu entorno. Para achegarnos un pouco máis a ela e comezar a recoñecela, nesta charla informativa abordaremos:

- As características da Cosmética Natural.
– Achegamento ao mundo dos selos e certificacións en Cosmética Natural.
– Elementos que figuran nunha etiqueta.
– Que é o INCI e que nos comunica: tipos de ingredientes.
– Exemplos de ingredientes nocivos en cosmética convencional e ingredientes empregados en Cosmética Natural.

A asistencia é gratuíta previa inscrición e ata completar aforo. A inscrición e consultas realizaránse no establecemento BioAgarimos (ao carón do Centro METYS), no teléfono 981 553 510 ou a través do correo electrónico bioagarimos@metys.es.