O ritmo incesante ao que tanto aprezo lle temos lévanos a devorar datos autoconvencéndonos de que así estamos informados, a realizar media dúcia de tarefas ao tempo e “desfrutando” de todas elas, a “idear prometedoras realidades”  que barullan e non se materializan,… Así tanto o Benestar físico como psíquico vense afectados polo estrés xerado.

A Aprendizaxe entendida na súa globalidade, altérase, e a capacidade de concentrarse e prestar atención diminúe considerablemente privándonos dunha maior creatividade e desfrute.

A mente continuadamente dispersa é moi vulnerable aos estímulos externos que, se ben inicialmente resultan moi atractivos, conlevan a perda de autodominio e o incremento da sensación de caos, elementos ambos moi estresantes.

Por exemplo, estar sempre conectados ás redes sociais xenera estrés e a multitarea baixa o rendemento cognitivo. Así hai máis cansanzo e somos menos efectivos.

A práctica e desenrolo da Concentración nas nosas vidas non significa “renunciar e empobrecerse”, senón que é unha actitude proactiva: eleximos ingredientes para o noso día a día cos que desenrolar as nosas actividades e dos que aprender = Estratexia + Contido + Obxectivo.

A recurrente necesidade de estimulación constante, de “estar ocupado” ben pode enmascarar un grande vacío interior, falta de habilidades sociais, apatía,…

Artg CultvConcentrcA clave está en como manexamos o tempo e xestionamos as emocións. Priorizar as tarefas coma se fixésemos unha lista da compra ou tomásemos notas nunha axenda pode axudar a centrarnos nunha actividade sen que pareza que temos que facer todo ó mesmo tempo.

En ocasións certas emocións como a rabia, o medo ou a culpa poden repercutir no traballo, poden invadir a nosa esfera de acción. Neste caso podemos elexir entre adicarlle un tempo a estas emocións, canalizalas, analizar o pensamento ou, se a acción é prioritaria, entón aprazar a súa abordaxe a un momento posterior.

“A Alegría acompaña a todo acto perfecto, e realizar un traballo abstraído por ela, fora das continxencias da vida cotiá, non é un dos actos máis gratificantes que podemos acometer?” (Aristóteles)

-Hábitos Saudables que alimentan a nosa capacidade de Concentración-

1.- Unha boa hixiene do descanso: limitar os estímulos audiovisuais dúas/tres horas antes de iniciar o descanso nocturno. O cerebro necesita “baixar revolucións”.

2.- Disciplina nos horarios: dispoñer de tempo determinado para as nosas comidas, descanso, vida social,… e lembremos, a disciplina e a inflexibilidade non son sinónimos.

Artg CultvConcentrc23.- NutriBásicos: na nosa alimentación diaria que non falten alimentos ricos en Vitaminas do grupo B (cereais, froitos secos, legumes), Ferro, Zinc; os interesantísimos Ácidos Grasos mono e poliinsaturados (noces, sementes de liño, sésamo, lecitina de soia; mijo, aceite virxe de oliva primeira presión, aguacate,…) e froita fresca, moita froita fresca (vitaminas e hidratación para non… “marchitarnos”.)

4.- Respetar o almorzo: a comida que “activa as nosas pilas”. Saltarse o almorzo porque “non teño fame”, “non teño tempo”, “non me entra”,… non son argumentos para privar ao noso organismo de combustible… e de calidade. A adquisición de calquera hábito implica compromiso cun mesmo.

5.- Prioriza a inxesta de Hidratos de carbono de absorción lenta. As constantes subidas/baixadas de glucosa afectan ao hipocampo, o que se traduce en cansancio… tanto físico como mental.

6.- Ginkgo  para unhas neuronas activas: os flavonoides que contén contribúen a unha boa microcirculación cerebral (=cerebro nutrido, cerebro eficiente).

Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta humanista-
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-