Orixinaria de rexións tropicais e familiar do Jengibre, a cúrcuma é unha das especias básicas na cociña e na mediciña aiurvédica (crese que fortalece o corpo, regula a menstruación, mellora as dixestións e alivia afeccións inflamatorias como a artrite).

O uso máis extendido é como como colorante alimentario -número E-100 (i)- básico na elaboración do curry. A curcumina, o seu principal principio activo, é realmente a que lle confire á cúrcuma propiedades como:

Acción antiinflamatoria: reduce a inflamación dos tecidos e axuda a eliminar as toxinas resultantes da mesma. Tanto en uso interno como vía tópica, favorece a abordaxe do acné, dermatite, artrite e rixidez articular en xeral.

Acción colerética e protectora hepática: favorece a produción de bilis por parte do fígado co que mellora o proceso dixestivo en xeral e frena os síntomas da dispepsia (náuseas, gases, pérdida de apetito, distensión abdominal), e axuda na rexeneración das células hepáticas.

Anticoagulante: inhibe a agregación plaquetaria polo que axuda a previr a formación de trombos.

Antioxidante: nalgúns estudos incluso fálase de que é máis potente que a Vitamina E fronte á acción oxidativa dos radicais libres nas nosas células. Esta propiedade é moi valorada na abordaxe das patoloxías dexenerativas (ateroesclerose, alzheimer,…).

Curcuma2Podemos inxerila en comprimidos con boa proporción de curcumina e tamén en cantidades razoables na nosa alimentación diaria para aliñar as nosas ensaladas, cremas de verduras, zume de laranxa-limón, batidos verdes, infusión… (as persoas con úlcera gastroduodenal, as embarazadas e as que xa están a tomar algún tipo de anticoagulante son as que máis atención deben prestar ás cantidades).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-