Copiosas barbacoas, gratinados espectaculares, fritos con filigranas, pratos “megafashion”,… a cociña e a creatividade culinaria non coñece límites… aínda que te “des-nutran”.

Os alimentos, en calquera proceso de cociñado, perden gran parte das súas propiedades nutricionais antes de chegar ao noso tracto dixestivo. O camiño percorrido dende que os recollemos/mercamos ata que os inxerimos, convírtese nun regueiro de cadáveres: vitaminas, minerais, macronutrientes e substancias importantísimas para a nosa Saúde que nunca serán quen de cumprir a súa función.

Nutritivas experiencias

As principais afectadas pola cociña son as froitas, verduras e froitos secos que se desmineralizan enormemente. Mantemos sabor (incluso o “enriquecemos”), perdemos Valor.

No caso, por exemplo, dos froitos secos e sementes, o tostado e salado arrebátalles practicamente todo o seu contido en Vitamina B1, así como altera a calidade das graxas saudables que aportan. E, ao igual que o pan tostado, tamén perden a Lisina (aminoácido esencial e básico para a sintetización do coláxeno).

As vitaminas que máis se perden son as do grupo B (pilares nutricionais do Sistema nervioso) e a Vitamina C (antioxidante, favorecedora da asimilación de minerais como o Ferro, Calcio e Magnesio).

Os cereais, legumes e sementes xerminadas son unha excelente fonte de enzimas dixestivas que diminúen considerablemente, chegando a desaparecer na súa totalidade si a cocción resulta excesiva.

E que apuntar sobre os fritos? Pois, por exemplo que, a maiores de que se xeneran substancias tóxicas a elevadas temperaturas como a acroleína que irrita as mucosas e é sospeitosamente canceríxena, a sartén convírtese nunha fantástica fábrica de maravillosas graxas trans aínda que empregues aceite de oliva virxe extra-primeira presión-etc.-etc..

Salvo algúns vexetais como as patacas ou os champiñóns (convén darlles “unha volta” para anular as substancias tóxicas que conteñen), convídovos a que inclinedes a confección dos vosos menús diarios en favor dunha maior presencia de alimentos con nula ou lixeira cociña e experimentedes o pracer de re-recoñecer e desfrutar dos sabores orixinais dos alimentos, Experiencia Consciente e moi Nutritiva.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-