A maiores das actividades para recuperarse do traballo, podemos destacar outros mecanismos como o distanciamento psicolóxico do traballo, a relaxación, a busca de retos e o control do tempo libre.

Distanciarse psicoloxicamente do traballo implica non só non realizar tarefas relacionadas con el, senón deixar de pensar ou rumiar en asuntos laborais. Se as persoas non desconectamos do traballo durante o noso tempo de ocio, estos pensamentos dificultan a nosa recuperación. As persoas que experimentan distanciamento psicolóxico do traballo manifestan un mellor estado de ánimo e menos fatiga durante a noite e á mañá seguinte. O distanciamento durante a fin de semana leva á sensación de estar descansado e renovado ao comezo da semana laboral.

Relaxación en Desconectar unha necesidadeA relaxación diminúe o ritmo cardíaco, a tensión muscular e aumenta o afecto positivo. A relaxación pode resultar de actividades como a meditación, propiocepción respiratoria, coordinación e optimización da flexibilidade-elasticidade, camiñar nun entorno natural, leer unha novela, escoitar música,… A maiores, a relaxación pola noite relaciónase positivamente coa serenidade á mañá seguinte.

A busca de retos fai referencia aos sentimentos de competencia e capacidade que xorden de aprender cousas novas, realizar actividades como unha nova afición, deporte, traballo de voluntariado,…

Estas experiencias desafían á persoa sen esgotar os seus recursos e facilitan a recuperación. As persoas con altos niveis de busca de retos durante as vacacións presentan menores niveis de esgotamento ao regreso ao traballo.

Lectura en entorno natural en Desconectar unha necesidade

Por último, o control do tempo libre fai referencia á capacidade da persoa para elixir a actividade a realizar, así como cando, onde e con quen.  Elo relaciónase positivamente con boa Saúde, mellora do estado de ánimo, bó descanso nocturno e satisfacción coa propia Vida.

 

O Humor, a Risa e sentirse Feliz son experiencias moi útiles para a recuperación do traballo.

Poñamos en práctica estas estratexias para previr os efectos do estrés e preservar o Benestar experimentado nas vacacións.

Decidamos sentirnos ben na volta ao traballo.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-