Logo HSCHK

A conxunción da paixón polas plantas mediciñais do doutor Rudolf Hauschka, e a visión holística da beleza da esteticista Elisabeth Sigmund, deu lugar a que no ano 1967 saíran ao mercado os primeiros produtos cosméticos libres de emulsionantes químico-sintéticos e elaborados con aceites esenciais naturais. Así naceu a firma Dr. Hauschka.

A firma Dr. Hauschka, pioneira na Cosmética Natural, defínese por:

- O máximo respeto polas funcións naturais da pel. As estudadas sinerxias que dan lugar a cada produto encamíñanse a que cada pel se reencontre co seu natural equilibrio respetando as súas funcións propias.

- A sosteñibilidade caracteriza todo o proceso de elaboración: o tipo de cultivos (cultivan as súas propias prantas coas súas propias sementes respetando os ritmos da Natureza), a coidada maceración, embalaxes reciclables (evidentemente, ausencia de plásticos), ausenza de substancias nocivas tales como perfumes, colorantes e conservantes sintéticos, relacións comerciais xustas e, tanto os ingredientes como a formulación final, non son experimentados en animais.

- Os produtos cosméticos Dr. Hauschka son unisex e adáptanse a todos os cadros cutáneos (incluídas as peles atópicas coa liña Hauschka Med), amplia variedade de referencias aptas para veganos, sin glutén,…

- Todas as familias de produtos (facial, corporal, decorativa,…) conteñen prantas mediciñais que contribúen coa súa terapéutica ao noso coidado persoal e Benestar.

A estupenda liña de Cosmética Decorativa Dr. Hauschka é referente no traballo do maquillador de proxección internacional Karim Sattar.

Os produtos da firma Dr. Hauschka contan cos selos BDIH e NATRUE que certifican o cumprimento das normas da verdadeira Cosmética Natural.

Coñece os seus produtos