DLKM Xuño15

“Formulacións complexas de máxima pureza para obter efectos inmediatos.” Así podemos definir a filosofía e características dos exquisitos produtos desta firma navarra.

Co Bambú como ingrediente común (alto contido en Silicio que o noso organismo recoñece aportando flexibilidade e resistencia á pel e ao cabelo), os profesionais desta firma seleccionan auténticas xoias vexetais para todas e cada unha das estudadas fórmulas.

Presérvanse ao máximo as propiedades de cada unha destas xoias con procesos de fabricación exclusivamente biotecnolóxicos e físicos (prioritario o respeto polos ciclos naturais de transformación, macerado, emulsionado,…), así como un alto grao de respeto polo medio ambiente (embalaxes reciclabes e ausencia de residuos contaminantes en todo o proceso de elaboración), o total rexeitamento da experimentación en animais e, por suposto, o máximo respeto pola Saúde humana.

Os produtos Dulkamara Bamboo son unisex e adaptables a todo tipo de necesidades dérmicas e capilares. A súa acción é tanto preventiva como rexeneradora, equilibrando os niveis de PH da pel con seguridade e para o noso Benestar.

Dulkamara Bamboo conta coa certificación Bio CPAEN (Consello de Produción Agraria Ecolóxica de Navarra) respecto dos ingredientes, actividade ecolóxica do laboratorio e produto final.

Coñece os seus produtos