O mundo destroza a calquera… e posteriormente, algúns son fortes aínda en partes desfeitas”.  E. Hemingway, Adeus ás armas.


A maioría das observacións dos síntomas dun trauma psicolóxico comenzaron a levarse a cabo dentro do contexto da guerra. Foi durante a II Guerra Mundial cando a neurose de guerra converteuse en obxectivo de tratamento.

A crise e o trauma poden provocar un forte padecemento psicolóxico a calquera tipo de personalidade, sexa ésta sá ou non. Aínda que familias e comunidades poden verse afectadas polo trauma, cada persoa ten unha experiencia única en pensamentos, emocións e na súa resolución.

É importante sinalar a relevancia do papel dos demáis durante o evento, como responden (ou evitan responder): Axudan?, son intrusos?, demandantes?, silenciosos?

Para aqueles que se ven afectados é normal, por hábito e debido á ansiedade, crear un límite dentro do que viven e que só poden cruzar certas persoas.

Parte da reacción ao trauma son preguntas como “Por que?”, “Por que eu?”, “Por que el /ela?”, “E si eu dixese isto ou aquilo?”, “E si eu fixese isto en vez de aquilo?”

As reaccións ás crises e ós sucesos traumáticos son respostas normais ante situacións anormais. Unha reacción inicial ven dada pola negación (facer como que eso non está pasando) e o fenómeno do desfacer (vivir coma onte).

Hai un conxunto de reaccións e consecuencias psicolóxicas derivadas das catástrofes que son comúns a todos os individuos de todas as sociedades: perturbacións do sono, enoxo e irritabilidade, flashbacks, tristura, pérda de concentración e esquecemento, aillamento social, hipervixilancia, taquicardia, sentimentos de euforia, culpa do supervivente, inquietude e nerviosismo, queixas de dor e síntomas de gripe e resfriado, entre outros.

Despois dun suceso demoledor, as víctimas poden describir unha alteración na percepción do tempo, recordos extremadamente vívidos de detalles nimios como un botón nun pasillo, a textura dunha chaqueta enganchada,..

Hai reaccións que poderían non parecer lóxicas co enfrentamento a circunstancias dolorosas, pero que ocorren:

-A dificultade para entusiasmarse unha vez que a crise finalizou e foi resolta; desilusión e aburrimento que se opoñen á enerxía e liberación de adrenalina durante o afrontamento.

-Sentimentos de depresión e imitación con respecto ás tarefas rutineiras; unha conciencia maior dos detalles máis mundanos da vida diaria.

-Sentimentos positivos de auto-confianza, eficacia, euforia ao superar obstáculos complicados, pero que si son extremos poden xerar un exceso de confianza; xuizo defectuoso e impaciencia cos demáis.

O impacto do trauma pode provocar unha reacción positiva ou negativa que pode cambiar a dirección da propia vida. No proceso a persoa re-evalúa a súa propia vida. Pode xerar o desexo de “actuar como acostumaban”, e en algunhas persoas un evento traumático pode precipitar unha crise existencial.

A flexibilidade do individuo, así como a súa habilidade para buscar axuda profesional constitúen importantes determinantes das propias habilidades de afrontamento. Unha pronta intervención no tratamento do trauma é vital. Poden evitarse problemas crónicos, duelos complicados e medrar a partir da crise. O que Bárbara Rubin y Ellin L. Bloch chaman o fenómeno do fénix e que tamén coñecemos por resiliencia.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-