Cando nos acercamos as datas de Nadal, o espírito de George Bayle en “¡Qué belo é vivir!” aseméllase a un tsunami de autosatisfacción e compaixón.

A palabra “Solidariedade” convértese nun mantra que se impón para xustificar accións e condutas de xeito fiticio.

Colaborar con ONG’s e asociacións que coñecen profundamente as necesidades da poboación é un fin encomiable. Pero os recortes aos Servizos Sociais e organizacións civís non xustifican programas hipnotizadores de valores e respostas que, como diría Nietzsche, promoven “unha compaixón activa por todos os desgraciados e débiles”.

Programas-circo como “Entre todos” da televisión estatal pública, coa excusa de axudar a persoas e familias, VENDEN un modelo de solidariedade apaciguante de conciencias e “unha modificación máxica do mundo” que diría Sartre.

Porque, en realidade, non só pretenden contentar ao que recibe a “axuda”, senón eliminar calquera reflexión crítica e así acalar conciencias e o espírito de protesta necesario para recuperar o Estado de Benestar. PROTESTEMOS!

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-