Tanto os cambios térmicos como as baixas temperaturas continuadas son constantes ataques ao noso Sistema inmunitario que, de non coidalo conscientemente, debilítase e desestabiliza a nosa calidade de vida. (Outros factores a ter en conta son o consumo de azucres, alcol, tabaco; a medicación, o colesterol e os triglicéridos altos e as reaccións alérxicas).

Dous dos signos máis visibles desta debilidade, e que cada inverno afectan a máis persoas, son a tos persistente e a irritación e picor de gorxa. Ambos adoitan ser o resultado da infección vírica que afecta ao tracto respiratorio, infección que de non atallar pode derivar en farinxite, bronquite ou neumonía.

Substancias naturais como o Propóleo e a Equinácea axudan a previr a debilidade do Sistema inmunitario, así como combaten as infeccións microbianas, bacterianas, de orixe vírica e a inflamación. Os suplementos con vitamina A, C e/ou Zinc melloran a produción de leucocitos e a resposta inmunitaria fronte a axentes patóxenos.

Recordemos a conveniencia de manter o corpo hidratado con bebidas quentes (infusións de tomiño, eucalipto, fiuncho, té,…), froita fresca e pratos de culler ricos en minerais que nos axudan a minimizar os síntomas e favorecen a recuperación e descanso de calidade (cando descansamos quen “está activo” é o Sistema nervioso parasimpático, encargado de reequilibrar o noso metabolismo e favorecer a relaxación e o soño).

Un bó fondo de despensa tamén axuda a manter forte o Sistema Inmunitario. Aquí vos traemos NutriSuxerencias elaboradas con alimentos moi saudables que podedes adquirir en A Horta do Avó:

CaldoVexetal AHortaDoAvo

– Xarabe de cebola para a tos: seis ceboliñas medianas con media taza de mel (125 ml. aprox.) nunha potiña. Cocer a lume lento durante dúas horas, colar e tomar a intervalos regulares (preferentemente quente).

– Xarabe antiinflamatorio e expectorante: raiar 40 gramos de xenxibre fresco e botar nunha potiña xunto co zume dun limón (tamén podemos engadir a raiadura, sempre que o limón sexa ecolóxico), media taza de mel (125 ml. aprox.) e medio litro de auga. Cocer a lume forte durante 45 minutos, triturar e tomar tres culleres diarias.

– Aproveitemos para macerar allo nun bó aceite de oliva e engadilo aos consomés, cremas e caldiños vexetais.

– A Horta do Avó ofrécenos esta receita sana, económica e moi gustosa: premer aquí para ver a receita enteira.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-