As froitas, nutricionalmente falando, son unha valiosísima fonte de Minerais e Vitaminas, así como aportan unha considerable cantidade de azucres “amigos” e auga (enerxía e hidratación).

  • ALBARICOQUE: tónico nervioso e regulador do manto hidrolipídico cutáneo. Posúe unha respetable cantidade de vitaminas A, C, E, varias do grupo B e Ferro, Magnesio e Potasio.
  • CEREIXAS: de potente acción diurética e recalcificadora, constitúen unha sá fonte de enerxía. Destaca o seu contido en vitaminas A e C e minerais como o Calcio, Ferro e Potasio.
  • CIRUELAS: depurativas, enerxéticas e tónificantes do Sistema nervioso. Conteñen vitaminas A, C, B1 e Fósforo e Magnesio.
  • MAZÁ: destaca o seu contido en Pectina, fibra que axuda a equilibrar os niveis de glucosa e colesterol. Atribúeselle tamén unha certa acción anticanceríxena. Destaca o seu contido en vitaminas A, C, E, B1, B9 (Ácido fólico) e a ampla variedade de minerais que contén.
  • PEXEGO: é unha das froitas que menos calorías contén e tamén unha das que máis vitaminas concentra na súa pel (A, C, E principalmente). Exerce unha potente acción antioxidante, depurativa e reguladora do tránsito intestinal.
  • NECTARINA: variedade de pexego que se distingue de este por ter a pel lisa. As súas propiedades nutricionais son moi semellantes, se ben destaca o seu maior contido en Vitamina A.
  • NÍSPERO: moi baixo en calorías e rico en fibra. Actúa eficazmente regulando os procesos inflamatorios intestinais. Contén vitaminas, A, B e Calcio, Fósforo e Potasio.
  • PERA: xunto coas laranxas, mandarinas e mazás, é unha das froitas das que máis variedades pode atoparse no mercado. De acción diurética e depurativa, tamén favorece o sá desenrrolo da flora intestinal e é unha das froitas que menos intolerancias produce. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, Iodo, Níquel, Potacio e Zinc.
  • UVAS: unha das froitas máis enerxéticas, rica en azucres e inulina (polisacárido de gran efecto prebiótico). As variedades escuras presentan altas cantidades do antioxidante chamado Antocianina (protector de doenzas dexenerativas e do Sistema cardiovascular). Posúe unha gran cantidade de vitaminas do grupo B, así como Ferro, Manganeso e Potasio.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-