Aínda que o Verán nos pareza a estación ideal para o consumo de froitas dada a súa grande variedade, o Inverno brinda unha nada desprezable gama a ter moi en conta (as necesidades vitamino-minerais non esperan polo bó tempo!!).

Cítricos: só unha palabra e tod@s sabemos o que implican: aporte óptimo de vitamina C. Aínda que hai outros verdes “medalla de ouro” en canto a contido porcentual (kiwis -dos que falo máis abaixo- e pementos, por exemplo), a variedade de cítricos e tal que a súa medalla de prata brilla con igual intensidade.

Vitaminas multicor

Todos os cítricos conteñen cantidades significativas de vitaminas do grupo B (lembrades?, Das máis importantes para o equilibrio do Sistema nervioso!), así como Ferro, Zinc, Selenio, Cobre, Potasio,… vamos, unha enchenta mineral sen comer tornillos.

Fibra, fibra e máis fibra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Kiwi: orixinario de China e Corea, posúe máis vitamina C que calquera dos cítricos, así como fibra e Ácido fólico. Útil na regulación do tránsito intestinal, niveis de colesterol e reforzamento do Sistema inmunitario. A variedade neozelandesa ten a pel máis escura e sen pelusa, e o seu sabor é máis doce e refrescante.

Piña: fibra prebiótica para a flora intestinal e a enzima Bromelina para facilitar a funcións dixestiva son os selos que distinguen a esta froita. Tamén resulta moi beneficiosa en certos cadros inflamatorios como os que se producen na artrite reumatoide e para favorecer o funcionamento do Sistema cardiovascular.

Contén minerais como o Potasio, Fósforo, Magnesio e Manganeso (equilibro de fluídos intra e extracelulares, formación do tecido óseo, regulación térmica e formación enzimática, entre outras moitas propiedades).

 

Caqui, Chirimoya: efecto protector do Sistema cardiovascular grazas ao seu contido en antioxidantes (riquísimas en Vitamina C!!) e taninos. Especialmente o caqui que, ademáis, é moi útil no tratamento de diarreas e gastrite. Conteñen variadas vitaminas do grupo B (incluída a B9, tamén chamada Ácido fólico) e minerais como o Calcio e o Ferro.

 

Plátano: a froita máis enerxética aporta máis de 10 minerais diferentes (Ferro, Selenio, Potasio, Flúor,… a sinerxia está garantizada!!) así como vitaminas a esgalla (A, C e gran parte do grupo B).

Froita antianémica e antifatiga que tamén axuda a regular a presión arterial grazas ao seu contido en Potasio.

 

Pera: froita moi refrescante e rica en auga cun alto contido en fibra. É bastante dixestiva o que a fai apta para a inmensa maioría dos estómagos. Contén taninos beneficiosos no control de diversos procesos inflamatorios, así como vitamina C e vitaminas do complexo B (ácido fólico incluído).

Mazá: control do colesterol, dos niveis de azucre en sangue, anti-cancro, reguladora intestinal,… as múltiples propiedades desta froita a fan imprescindible en calquera dieta que se precie. Apta para maiores e pequenos, a mazá, grazas á Pectina, axuda na eliminación de metais pesados como o Mercurio e o Plomo. En canto a vitaminas, destaca o seu contido en A, C e B9 (poderosas antioxidantes).

Uvas: enerxéticas e moi ricas en Inulina (excelente prebiótico que tamén atopamos, por exemplo, na alcachofa). As variedades escuras son as que máis antioxidantes conteñen (protección do Sistema cardiovascular e fronte a enfermidades dexenerativas). Outros micronutrientes a destacar son o Potasio e Ferro, e as vitaminas C, B1, B6, B9.

 Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-