Froitas de tempada, Consumo responsable.

Albaricoques, Nísperos: froitas moi enerxéticas de potente acción antianémica. Axudan a regular o tránsito intestinal e o mantemento dunha boa saúde visual (Vitaminas A, E), cardiovascular (Potasio e Magnesio) e cerebral (Ferro y Fósforo).

Brevas, Figos: remineralizantes e con acción prebiótica que reforza a flora intestinal. Moi indicadas na prevención da osteoporose e na abordaxe de anemias, convalecencias e períodos de “alta tensión”.

Cereixas/Picotas: con propiedades depurativas, antiinflamatorias e ralentizadoras do envellecemento celular, estas froitas son amigas dos teus ósos (Calcio), tecidos (Ferro) e do teu Corazón (Potasio).

Ciruelas: verdes, escuras, amarelas, en calquera das súas variedades as ciruelas resultan especialmente refrescantes e reconstituíntes. As verdes son as máis doces e enerxéticas, as amarelas as máis hidratantes e as escuras as que conteñen maior cantidade de Provitamina A (reforzo para a túa pel, cabelo e mucosas).

Froitas vermellas: arándanos, frambuesas e moras para a protección do sistema urinario, abordaxe de afeccións reumáticas e o coidado do sistema cardiovascular respectivamente.

Mango: fibra e auga para manter a flora intestinal e a pel/mucosas en perfecto estado.

Melocotóns, Nectarinas, Paraguaios: sabrosas e lixeiras, estas froitas conteñen altas cantidades de betacarotenos (prevención de enfermidades cardio-dexenerativas) e antioxidantes como o Magnesio e a Vitamina C.

Melón: moi aconsellable consumilo só para realmente aproveitar os seus nutrientes. Con propiedades diuréticas e depurativas que favorecen a correcta función renal, contén unha respetable proporción en betacarotenos (para, por exemplo, favorecer o bronceado e a Saúde da pel e os tecidos conxuntivos en xeral).

Sandía: ao igual que o melón, é unha froita de prato único. Refrescante e hidratante por excelencia, a súa carga calórica é anecdótica, pero non así o seu contido vitamino-mineral que a fai moi indicada na abordaxe de infeccións renais, artrite, afeccións da próstata e na regulación da tensión arterial.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-